Obras no Paseo Marítimo de Monte Alto

O BNG denunciará o estancamento das obras no Paseo Marítimo de Monte Alto e insta o goberno local a sancionar a empresa adxudicataria

O grupo municipal do BNG levantou a voz para denunciar a paralización das obras de humanización e naturalización do Paseo Marítimo á altura dos Pelamios en Monte Alto. A concelleira nacionalista Avia Veira, impulsora dunha moción a presentar no vindeiro Pleno, criticou o retraso nas obras que se arrastran por máis dun ano, convertendo a área nunha molestia para os veciños.
O BNG denunciará o estancamento das obras no Paseo Marítimo de Monte Alto e insta o goberno local a sancionar a empresa adxudicataria

“A situación é escandalosa. O Paseo Marítimo, unha vía vital para Monte Alto, atópase bloqueado polas obras, causando inquedanza entre a veciñanza”, sinala Veira. A concelleira, que xa había levantado a voz sobre esta problemática no verán pasado, destaca que “as obras están estancadas, evidenciando a falta de compromiso da empresa adxudicataria para cumprir cos prazos establecidos”.

O BNG levará ao Pleno unha moción que busca esclarecer a situación actual das obras e, ao mesmo tempo, esixe ao Goberno Local que supervise e aplique sancións á empresa en caso de incumprimento contractual. “Non podemos permitir que unha empresa contratada polo Concello escape da sanción cando non cumpre coas súas obrigas, especialmente cando isto afecta un barrio tan poboado como Monte Alto”, remata Veira.

O BNG denunciará o estancamento das obras no Paseo Marítimo de Monte Alto e insta o goberno local a sancionar a empresa adxudicataria