BNG | nota de prensa

O BNG formúlalle un rogo ao Goberno Local para que traslade ao Consello de Memoria Democrática a retirada de honras a Juan Carlos I

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, formúlalle un rogo ao Goberno Local, para a súa lectura no Pleno do 8 de abril, para que traslade ao Consello da Memoria Democrática a retirada de honras a Juan Carlos I.
O BNG formúlalle un rogo ao Goberno Local para que traslade ao Consello de Memoria Democrática a retirada de honras a Juan Carlos I
Juan_Carlos_I_of_Spain_2007-2
Juan_Carlos_I_of_Spain_2007-2 (imagen de Wikimedia Commons)

A Coruña, a 28 de marzo de 2021.-  O rei emérito é titular dunha Medalla de Bronce do Concello, honra que ao xuízo do BNG debería serlle retirada, así como calquera outra distinción en forma de placa, retrato, baixorrelevo que se ache nas dependencias municipais.

Para o grupo municipal do BNG, o nada edificante comportamento de Juan Carlos I, con operacións económicas feitas ás costas do fisco, é argumento máis que suficiente para o Concello retirar as distincións outorgadas no pasado ao anterior xefe do Estado.

Iniciativa

O BNG formúlalle un rogo ao Goberno Local para que traslade ao Consello de Memoria Democrática a retirada de honras a Juan Carlos I