BNG | nota de prensa

O BNG leva ao pleno a necesidade de reforzar os servizos sociais do concello perante a pandemia

“Cal é a previsión do Goberno Local para o reforzo dos Servizos Sociais Municipais, así como das axudas e mecanismos de inclusión social municipais, de cara a afrontar as consecuencias da crise provocada pola Covid-19 neste ano e nos vindeiros?”, así reza o texto da pregunta oral que a concelleira do BNG, Avia Veira, vai dirixir ao executivo coruñés no Pleno do vindeiro 8 de abril.
O BNG leva ao pleno a necesidade de reforzar os servizos sociais do concello perante a pandemia
pobreza
pobreza

A Coruña, a 30 de marzo de 2021.

“Esta crise sanitaria está a deixar secuelas moi graves na situación de amplas capas da sociedade. Está a supor o empobrecemento de colectivos que xa se viran moi atinxidos pola crise de 2008”, reflexiona Avia Veira, de aí “a necesidade de o Concello colocar como prioridade o reforzamento dos seus servizos sociais”.

“Queremos saber que plans ten o Goberno Local para afrontar a crise social decorrente da Covid 19”, acrecenta Veira e avanza que cuestionará o executivo coruñés sobre “se vai mellorar a regulación das axudas para as facer chegar a máis xente e se se van aumentar os fondos que permiten o seu financiamento”. “E logo está a cuestión de como pensa reforzar os servizos sociais municipais porque obviamente están a ter unha carga de traballo moi superior á que se produce en condicións digamos normais”, engade.

Cumpre lembrar a este respecto que entre as propostas formuladas polo grupo municipal para o Presco 2021 figura a de incrementar a dotación económica da Renda Social Municipal e as Axudas de Emerxencia Social para afrontar as necesidades das e dos menores, familias desfavorecidas e persoas atinxidas polo impacto socio-económico da pandemia.

Comentarios
O BNG leva ao pleno a necesidade de reforzar os servizos sociais do concello perante a pandemia