BNG | NOTA DE PRENSA

O BNG ve luces e sombras no primeiro ano de Inés Rey

Na avaliación do primeiro ano de Inés Rey na alcaldía da Coruña o BNG ve "luces e sombras" e "ausencia dun proxecto claro de cidade"

O BNG ve luces e sombras no primeiro ano de Inés Rey
Francisco Jorquera
Francisco Jorquera

A Coruña, a 15 de xuño de 2020. Entre as luces, o diálogo coas forzas da oposición. "Fixo da necesidade, o grupo municipal socialista está en minoría, virtude", considera o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera. Entre as sombras, a falta dun "proxecto de cidade", a "debilidade da equipa de goberno, con algúns concelleiros a concentraren boa parte das delegacións e competencias" e a ausencia dun "decidido impulso transformador".

"Con demasiada frecuencia o Goberno Local apóiase en propostas da oposición, nomeadamente do BNG, o que indica falta dun proxecto propio", avalía Jorquera, quen tamén ve "lentitude" á hora de levar adiante a acción executiva.

Nas luces, a normalización das relacións coas outras administracións. Mais, alerta Jorquera, isto non debe traducirse nunha actitude de escasa firmeza na defensa das demandas da cidade fronte aos incumprimentos da Xunta -a débeda da Orquestra Sinfónica de Galiza por exemplo, ou as esixencias por parte do goberno galego de o Concello cofinanciar o novo CHUAC- ou fronte aos incumprimentos do Estado.

Comentarios
O BNG ve luces e sombras no primeiro ano de Inés Rey