Comunicado

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública rexeita o anteproxecto que modifica a Lei da Saúde

Ante a publicación do ANTEPROXECTO DE LEI POLO QUE SE MODIFICA A LEI 8/2008, DO 10 DE XULLO, DE SAÚDE DE GALICIA., esta Coordinadora manifesta o seguinte:

Rexeitamos taxativamente este anteproxecto que significa un paso atrás no progreso e mellora do sistema sanitario público, e supón avanzar na privatización do mesmo.

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública rexeita o anteproxecto que modifica a Lei da Saúde

Este anteproxecto supón a eliminación de 4 áreas sanitarias y la creación de distritos cun claro obxectivo de proseguir no desmantelamento dos hospitais comarcais, e  onde a atención primaria segue  sen ter a importancia que debería no ámbito asistencial.

Asimesmo  se “garante” definitivamente a participación do sector privado no ámbito investigación e a educación con axuda dos orzamentos públicos. Consideramos que os ámbitos da saúde e da sanidade deben quedar afastados da especulación e da persecución de calquera beneficio que non sexa a mellora da saúde da cidadanía, e que os progresos das futuras investigación repercutan exclusivamente nas institucións públicas, e en definitiva, en toda a cidadanía.

Condenamos tamén a reorganización da participación dos consellos de saúde, que seguen a ser meros órganos consultivos sen ningún poder executivo, formados polos concellos, sindicatos, organización empresariais e asociación de pacientes, pero quedando fora deles as asociacións veciñais, cidadás e de calquera outro tipo que loiten pola mellora do noso sistema sanitario público.

Pero este anteproxecto non é un feito illado. Ao mesmo tempo que o goberno de Feijoo o promove, nas Comunidades Autónomas de Madrid e Cataluña propóñense similares modificacións dos seus sistemas sanitarias, á vez que no Congreso dos Deputados, e en breves datas no Senado, se adaptará a lexislación española ás normativas europeas 2014/23/UE y 2014/24/UE para garantir e avanzar no proceso privatizador dos sistemas de saúde. Ao mesmo tempo a CEOE lanza a campaña “Pacto por la defensa de la Sanidad Privada” co obxectivo de e entrar por fin a facer negocio coa nosa saúde e cos orzamentos públicos.

Como se ve, mentres os medios de comunicación nos entreteñen con mentiras e distraccións, os gobernos da dereita levan a cabo pouco a pouco, ás nosas costas, con nocturnidade e aleivosía,  o dictamen das multinacionais para converter os sistemas de saúde en beneficios para estas empresas.

Este é un tema moi grave que trataremos na vindeira xuntanza de todas as mareas brancas do estado, ás que invitamos a tódalas organización de defensa da sanidade todo o estado, para establecer unha estratexia conxunta e evitar a privatización da nosa sanidade pública.

Neste mesmo sentido estaremos atentos en Galicia a que a recen creada axencia  A.D.O.S., que se encargará da xestión das doazóns de sangue e órganos, non sexa o xerme estrutural para un posible e  futuro traspaso á xestión privada.

Nos tememos que así será, pero non nos importará recoñecer no seu momento, si non fora asi, que estabamos equivocados. Non queremos que se faga negocio coa nosa sangue e o noso diñeiro.

En definitiva, nos unimos ás críticas do resto dos colectivos que xa se pronunciaron ao respecto, e rexeitamos taxativamente este anteproxecto. Un anteproxecto que avanza na privatización da sanidade pública, polo que facemos un chamamento á cidadanía a defender unha sanidade 100% pública, universal, de calidade e sen repagos, porque é a única que pode garantir unha atención de calidade e digna para todas e todos.

Comentarios
A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública rexeita o anteproxecto que modifica a Lei da Saúde