Accidente en obras de canalización de alcantarillado,
Corte de auga en gran parte de Novo Mesoiro e Pocomaco por un accidente en obras de alcantarillado
rotura dunha tubaxe
28 ago. 2017
![17_08_28_Rotura rúa O Souto](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/entrenosagra/images/2017/08/28/2017082813355731443.jpg)
Segundo informa EMALCSA, por accidente nunhas obras de canalización de alcantarillado, levadas a cabo por unha empresa instaladora, ás 9.50 de hoxe produciuse a rotura dunha tubaxe de 200 mm de fundición dúctil, na rúa O Souto, situada na Zapateira.
Para as obras de reparación, fíxose necesario cortar o subministro de auga en gran parte de Novo Mesoiro e Pocomaco. O persoal de Emalcsa comezou a traballar no lugar aos poucos minutos de producirse a rotura. Ao longo do día quedará restablecido o servizo.