A Deputación alerta dunha diferencia salarial de 5.500 euros entre mulleres e homes

O pleno recoñece´nunha declaración institucional o labor do feminismo e esixe que se valore o papel das mulleres nos coidados.
A Deputación alerta dunha diferencia salarial de 5.500 euros entre mulleres e homes
Pleno da Deputación do 28 de febreiro de 2020. @Deputación
Pleno da Deputación do 28 de febreiro de 2020. @Deputación

Apoiar as mobilizacións que o feminismo convoca arredor da celebración do Día Internacional das Mulleres, reclamar o cumprimento do Pacto de Estado en materia de violencia machista e desenvolver o Plan de Igualdade son algúns dos acordos recollidos na declaración institucional que se aprobou no pleno deste venres co apoio de todos os grupos presentes na corporación. A responsable da área de Igualdade da Deputación da Coruña, María Muíño, deu lectura no pleno da declaración institucional aprobada con motivo da conmemoración o vindeiro 8 de marzo do Día Internacional das Mulleres que reivindica a loita polos dereitos, a participación, recoñecemento e igualdade cos homes e que contou co apoio de todos os grupos presentes na corporación.

Na declaración institutcional, atendendo acordouse recoñecer e apoiar as convocatorias do feminismo galego que neste ano sitúan os coidados no centro do debate, demandar da Xunta o compromiso coa realización de estudos periódicos sobre o valor social e económico do traballo do fogar e do coidado e reclamar a necesidade de dotar os concellos de medios necesarios para levar a cabo as medidas fixadas no Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, atención á dependencia e recursos de conciliación.  

O documento denuncia tamén, segundo o recolle a diagnose de igualdade e o Plan de Acción e Políticas de Igualdade da propia Deputación da Coruña, a fenda salarial que ascende a 5.500 euros entre homes e mulleres, diferencia que se dá tamén nas pensións onde a diferencia é de 400 euros a favor dos homes. En canto aos coidados, segundo o informe, "na provincia da Coruña hai un 45% máis de mulleres que coidan de menores de 15 anos" e nalgunhas comarcas as diferenzas alcanzan o 90% de mulleres fronte ao 10% de homes. "Isto ten consecuencias non só na saúde das mulleres, senón na calidade do seu emprego, nas súas relacións, na participación cultural e deportiva...", explica, dunha actividade que trasladada ao cómputo económico suporía arredor da metade do PIB de Galiza.

Respecto dos coidados, a declaración critica a "invisibilización dos traballos de coidados, a feminización da pobreza, as violencias machistas ou a falla de liberdade nas identidades sexuais e/ou exprsións de xénero" que son síntomas da "subordinación social á que se ven sometidas".

Comentarios
A Deputación alerta dunha diferencia salarial de 5.500 euros entre mulleres e homes