eleccións municipais

Francisco Jorquera presenta unha proposta para facer da Coruña a capital económica de Galiza

Francisco Jorquera, líder do BNG na cidade da Corunha, presentou as súas propostas para o futuro da cidade. Jorquera propón reforzar o papel da cidade como motor económico en Galicia e convertela nunha cidade modelo con espazos urbanos de alta calidade accesibles para todos os residentes. Ademais, Jorquera destaca a importancia de abordar as desigualdades na cidade e mellorar a situación dos barrios máis desfavorecidos.
Francisco Jorquera presenta unha proposta para facer da Coruña a capital económica de Galiza
Francisco Jorquera
Francisco Jorquera

Estamos con Francisco Jorquera, candidato a la alcaldía de A Coruña por el Bloque Nacionalista Gallego. Buenos días.

Bo día.

¿Cuáles son las principales propuestas de su programa electoral?

Bueno, son difíciles de resumir, por iso permítame que as sintetice nun rótulo. Na presentación da nosa candidatura, na presentación da nosa proposta na cidade estamos insistindo en que A Coruña ten que ser unha cidade para vivir e para traballar, para traballar, porque cremos que A Coruña reúne todas as condicións para ser o gran motor económico de Galiza e converterse na gran capital económica do norte da gran eurorrexión que formam Galiza e o norte de Portugal.

Pero cremos tamén que existe unha sensación xeralizada de que nos últimos anos A Coruña está perdendo impulso. E polo tanto o Concello ten que xogar un papel de inductor de un proxecto de futuro para a cidade que reforce tamén o seu papel de motor económico de Galiza.

Cremos que A Coruña do futuro non se pode concebir tampouco sen ter en conta a súa dimensión metropolitana. Lamentamos que vaia rematar o novo mandato sen dar pasos nese sentido. É imprescindible articular a prestación de servizos e a concertación de servizos a escala metropolitana para atender esa realidade da Coruña de hoxe.

Pero insistimos en que A Coruña ten que ser unha cidade para vivir nunha dobre dimensión. Nós non nos resignamos a que haxa moitas persoas que teñen que deixar a nosa cidade porque non poden acceder a unha vivenda. A vivenda na Coruña está a uns prezos total e absolutamente prohibitivos e un dereito tan básico como o dereito a unha vivenda digna, hai moitas persoas que non poden disfrutar dese dereito e incluso é un obstáculo para que poidan realizar o seu proxecto vital. Por tanto, abordar o problema da vivenda é unha cuestión para o BNG fundamental.

Pero vivir é moito máis que residir. Vivir tamén é disfrutar de calidade de vida, dun espazo urbano que sexa un referente de calidade, dun espazo público accesible a todos por igual. E polo tanto queremos facer da Coruña tamén un modelo de referencia no que afecta á calidade urbana. Creo que ademais, no BNG sabemos como facelo. Temos o aval do bo facer dos concellos nos que o BNG goberna no conxunto do país, calquer galego, calquer galega, pense en Pontevedra, pense en Allariz, simplemente por falar duns exemplos, e pensa en concellos que son en Galiza unha referencia en canto a modelo de calidade urbana e espazo público de calidade ao alcance de todos os veciños e veciñas.

Pero ademais, ese modelo queremos construilo no conxunto da cidade, situando os barrios no centro. Creo que na Coruña existe a percepción de que hai moitas grandes actuacións que se concentran no centro urbano da nosa cidade (perdón pola redundancia) mentres moitos barrios da nosa cidade están sufrindo un proceso de degradación moi preocupante que hai que revertir. Hai que facer dos barrios da nosa cidade, tamén un modelo de calidade urbana.

¿Cuáles son las principales necesidades de la ciudad y cómo planea abordarlas?

As necesidades son múltiples, pero creo que si falamos dende un punto de vista estrictamente político, A Coruña necesita liderado, necesita á frente un goberno que teña as ideas claras, teña un proxecto de cidade de futuro, o dialogue co conxunto da sociedade, o consensúe co conxunto da sociedade para mobilizar as enormes potencialidades que ten esta cidade á hora de facer realidade, ese proxecto de futuro.

Temos necesidades en materia de emprego, temos necesidades en materia de vivenda, temos necesidades en materia de cohesión social, porque nesta cidade nos últimos anos se incrementou dunha maneira moi preocupante as desigualdades, temos necesidades en canto á mellora dos servizos públicos… Pero para atender todas esas necesidades o que é imprescindible é ter un proxecto claro de liderado e creo que na Coruña existe a percepción xeralizada de que dende hai anos esta cidade carece de liderado. E o BNG se ofrece como forza política capaz de dotar a esta cidade de ese liderado que carece e de devolverlle o impulso que necesita.

¿Qué medidas tomaría para reducir a pobreza?

A mí me gusta ser honesto en política. En materia de políticas sociais, boa parte das competencias están residenciadas no goberno central e na Xunta de Galiza. Polo tanto, o primeiro que é necesario é que A Coruña teña un alcalde que sexa consciente de que hai cada vez máis cidadáns da Coruña que viven en situacións de pobreza relativa o de perigo de exclusión social, que este é un problema de primeiro orde, e que sexa esixente ante as administracións que teñen as competencias para que reforcen as políticas sociais, para que a orientación das políticas económicas contribúa tamén á redistribución equitativa da riqueza e non a unha acentuación cada vez maior das desigualdades.

Pero non abonda con ser esixente ante a Xunta e ante o goberno central. O concello nos seus ámbitos de competencia, tamén ten que utilizar todas as ferramentas que ten na súa man para correxir as situacións de desigualdade. Cómo facelo? Reforzando as políticas sociais, reforzando os servizos públicos, reforzando os instrumentos de cobertura a esas situacións de desigualdade que xa ten o Concello, como a renda social municipal, as axudas de emerxencia social. Todo eso ademáis, é moi importante vencellalo a un plan de inclusión de xeito que o acceso a esas axudas, non sexa unha solución provisional que acabe cronificando a dependencia de esas axudas, senón que vaia acompañado de medidas en canto á orientación laboral, asistencia social, formación e demáis que faciliten que esa persona se poida incorporar ao mercado de traballo, e gañarse a vida dignamente. Para iso é imprescindible trazar un plan de inclusión social. Todo iso, no que son medidas básicas a impulsar dende o goberno municipal.

¿Qué medidas tomaría para mejorar el transporte público?

Pois en primeiro lugar, ser consciente de que é unha asignatura pendente. ¿Porque digo isto? Porque no mandato que está a piques de rematar o goberno municipal á esixencia do BNG e tamén doutros grupos políticos, me gusta ser sempre honesto e sincero en política, comprometeuse a revisar o mapa de líñas de autobús, revisar tamén frecuencias e horarios para mellorar os servizos de transporte público na nosa cidade e non fixo nada ao respecto. Dende o noso punto de vista, é necésario acometer dunha vez por todas esa revisión para apostar por un mapa de liñas que non asegure só a boa conexión dos distintos barrios da nosa cidade co centro, senon que mellore a conexión dos barrios entre sí, que mellore a conexión dos barrios cos centros hospitalarios, cos polígonos industrais; unha revisión que ten que ir acompañada dunha ampliación do horario de servizos. Hai moitas persoas que traballan en polígonos industriais e que non recurren ao transporte público simplemente porque entran a traballar tan cedo o rematan de traballar tan tarde, que en esas horas xa non hai servizo. Polo tanto, é necesario revisar os horarios para que se axusten realmente ás necesidades, en particular ás necesidades laborais, e hai que intensificar frecuencias, frecuencias que permitan, por poñer un exemplo, que os trasbordos que sean máis eficaces. Non hai ningún servizo de transporte público no mundo e menos nunha cidade da dimensión da Coruña que permita a conexión dun punto con todos os puntos, pero a maneira de resolvelo é ter un mapa de liñas o suficientemente entrelazadas entre sí e con frecuencias tan intensas que faga que non se perda moito tempo nos trasbordos e que iso facilite a conexión entre todos os puntos da cidade.

Creemos que esa medida ten que ir acompañado de outras que incentiven o uso do transporte público como o restablecemento do carril bus de xeito que as persoas constatan que lles resulta moito máis barato e moito máis rápido e moito máis cómodo coller un bus que recurrir o uso do vehículo privado. Se os buses sufren tamén os atascos continuos que hai en esta cidade, non estase incentivando o uso do transporte público. Se hai carril bus, e polo tanto os tempos de viaxe son moi reducidos, estás incentivando o uso transporte público. No modelo de mobilidade que defende o BNG a aposta polo transporte público é un aspecto central e ademáis esa aposta queremos facela tamén a escala metropolitana, porque cada día entran na Coruña tantos vehículos privados como coches ten o parque móbil desta cidade. Ese é un modelo insostible, polo tanto, hai que apostar por un modelo que priorice o transporte público na cidade pero tamén á escala metropolitana.

¿Qué propone hacer para mejorar la situación de los barrios más desfavorecidos?

Pois situar os barrios no centro. O BNG comprométese como unha das primeras medidas a impulsar se ten a confianza dos coruñeses e das coruñesas e lidera políticamente esta cidade a poñer en marcha un gran plan de rexeneración dos barrios que melloren o espazo público, melloren os equipamientos, melloren o funcionamento dos servizos públicos para correxir a desigualdade cada vez maior que hai entre barrios da nosa cidade.

Recentemente coñecíamos estudos que indican que tras a pandemia A Coruña foi a cidade de Galega na que máis incrementaronse as desigualdades e xa somos a cidade máis desigual de Galiza. Pero ademáis esa desigualdade acentuouse entre os distintos barrios, mentres que nos últimos anos houbo distritos na nosa cidade nos que se incrementou a renda per cápita da súa poboación houbo outros barrios nos que a renda per cápita diminuíu e cal é o problema? O problema é que o propio informe municipal de cara á Axenda 2030 alerta de cómo este incremento das desigualdades se está traducindo tamén no incremento na calidade do espazo público do que disfrutan os cidadáns duns distritos e doutros, a calidade dos servizos públicos a calidade dos equipamientos. Polo tanto é imprescindible que as políticas municipais, en vez de acentuar esas desigualdades as corrixan. Para iso hai que poñer os barrios no centro e hai que apostar por un plan de rexeneración integral dos barrios da nosa cidade.

¿Cuál es su opinión sobre la vivienda en Coruña? ¿Cómo planea abordar el problema de la falta de vivienda asequible?

Nunha doble dimensión. Por unha banda as principais competencias en materia de vivenda tenas a Xunta de Galiza e o goberno central. Creo que A Coruña necesita un alcalde que na relación con outras administracións sexa consciente de que este é un problema fundamental que hai que abordar é ser esixente ante esas administracións para que desenvolvan unha política de vivenda pública merecente de ese nome, por poñer un exemplo: a promoción de vivenda pública por parte da Xunta de Galiza na cidade da Coruña dende o ano 2008, en que o Partido Popular recuperou a presidencia da Xunta é total e absolutamente ridículo. Hai que demandar á Xunta de Galiza que exista unha promoción de vivenda pública ambiciosa na nosa cidade, para facilitar o acceso á vivenda. Hai que reclamar do goberno central que unha sociedade como a SAREB, coñecida popularmente como “banco malo”, que é unha sociedade con participación pública maioritaria e que se fixo coas vivendas que tiñan os bancos, que fruto da crise, da burbulla inmobiliaria, os bancos eran incapaces de colocar e se fixo con eses activos para axudar, co diñeiro de todos, a sanear a banca, pois cando menos que esa sociedade poña ese parque de vivendas á disposición das administracións públicas para afortalas como vivenda pública, en réxime de aluguer e a un prezo taxado.

Pero aparte de iso o Concello ten tamén moitas ferramentas para incidir na política de vivenda. É imprescindible incrementar o parque de vivendas de titularidade municipal para ofertarlo en aluguer a prezo taxado. Nós lamentamos que por segundo mandato consecutivo as únicas actuacións anunciadas sexa a rehabilitación dun edificio en Marqués de Pontejos para destinalo á vivenda social e a construcción de 40 vivendas sociais de titularidade municipal en Xuxán e que por segundo mandato consecutivo vaia acabar o mandato sen que esas vivendas sociais sexan realidade.

Polo tanto, é imprescindible ampliar o parque municipal de vivendas en aluguer e hai que impulsar decididamente a rehabilitación, e hai que incentivar que as axudas municipais á rehabilitación de edificios estén condicionadas a que os titulares de esas vivendas, si acceden a esas axudas, oferten esas vivendas, si están desocupadas, en aluguer e a un prezo taxado. Polo tanto, son moitos os mecanismos cos que o Concello pode usar e dende o noso punto de vista, insisto, é un problema de primeiro orde que ten que ser unha prioridade das políticas municipais.

¿Qué medidas tomaría para fomentar el desarrollo económico y la creación de empleo?

Hai varios planos. En primeiro lugar, o concello, no económico, ten que ser un axente de dinamización da economía local, que non o está sendo se non hai orzamentos. Quero lembrar que neste año 2023 o Concello da Coruña está funcionando con orzamentos prorrogados. Porque o goberno municipal nin sequera presentou un proxecto de orzamentos para o ano 2023. Levamos cuatro anos de exercicio e en dous estamos funcionando con orzamentos prorrogados. É imprescindible que haxa orzamentos, é imprescindible que o que se contemple nos orzamentos en materia de investimento, se execute, porque no que levamos de mandato nada máis que se executou un euro de cada tres dos que estaban orzamentados, porque dese xeito o concello estará axudando, si hai orzamentos e si se executan os investimentos a dinamizar a economía local, pero ao mismo tempo o Concello ten que ter un proxecto de futuro no económico, claro, para A Coruña e a sua área metropolitana, e consensuar con outras administracións e consensuar cos axentes sociais as liñas básicas de ese proxecto e a súa implementación.

Nese sentido, O BNG propuxo neste mandato a creación de un Consello Económico e Social, concebido como un foro de diálogo entre as distintas administracións e os axentes sociais para impulsar ese proxecto económico de futuro para Coruña e a súa área metropolitana. Foi aprobado en pleno do Concello. Pero o goberno municipal non cumpriu ese compromiso e non o chegou a activar.

Consideramos que aspectos básicos dese proxecto de futuro, a modernización e diversificación do noso tecido industrial, a aposta pola innovación, e pola investigación, a aposta pola economía do mar, a aposta pola economía verde. O que é imprescindible é que o Concello teña un proxecto e xogue un papel de liderado, de inductor, procurando tecer complicidades, cos axentes sociais e con outras administracións.

¿Cómo piensa abordar el problema del cambio climático y la sostenibilidad?

En primeiro lugar, apostando por un novo modelo de mobilidade. Creo que a principal contribución que pode facer A Coruña á loita polo cambio climático é apostar por un modelo de mobilidade que reduza a necesidade de recurrir o vehículo privado, apostando pola mobilidade peonil, apostando por formas de mobilidade alternativas, como o uso da bicicleta, como é o uso de vehículos de mobilidade persoal, apostando decididamente polo transporte público. Un transporte público, por suposto, que entre as melloras, os cambios que necesita, está a renovación do parque de vehículos para que non sexan contaminantes, apostando polo tanto, por outras fontes enerxéticas que alimenten eses vehículos. A cidade galega que ten unha menor pegada de carbono é Pontevedra, froito do modelo que o BNG desenvolveu en Pontevedra. Creo que esa é a principal contribución que se pode facer dende o ámbito municipal.

Aparte diso, o BNG por suposto, aposta polo desenvolvemento das enerxías renovabeis, aposta pola renaturalización de ámbitos da nosa costa das canles dos nosos ríos. Aposta pola recuperación de espazos naturais existentes na contorna da nosa cidade e a súa posta en valor, que non só redundaría en que a cidadanía coruñesa dispoña de máis espazos de disfrute, senón tamén redundaría en ser máis eficaces na loita contra o cambio climático e as súas consecuencias.

Francisco Jorquera
Francisco Jorquera

¿Qué propone hacer para mejorar la seguridad ciudadana?

Pois abordar a seguridade cidadá e as causas que provocan o incremento da inseguridade cidadá en todas as súas dimensións. Todas as persoas aspiramos a sentirnos seguras. O dereito á seguridade é condición sine qua non para poder disfrutar doutros dereitos que temos os cidadáns. Polo tanto, frente ao incremento da inseguridade, é necesario detectar onde hai os problemas é necesario medidas preventivas, é necesario que a policía local teña unha maior presencia de rúa, porque iso en sí mesmo ten un efecto disuasorio e inspira máis seguridade, pero máis alá do que son as medidas estrictamente securitarias, hai que atacar tamén as causas que están provocando un incremento de determinadas formas delictivas.

Si vivimos nunha sociedade cada vez máis desigual, todos os datos indican que as sociedades con menos cohesión social, as sociedades menos inclusivas, as sociedades no que as desigualdades son máis profundas, tamén son sociedades nas que hai un número de delitos maior. Por qué? Porque hai xente que vive na economía marxinal ou que vive en situacións de exclusión, que acaba recurrindo a formas, a medios de vida delictivos para intentar asegurarse o seu sustento. Polo tanto, si avanzamos, entramos en unha sociedad máis cohesionada, non só estaremos avanzando en xusticia social, que en sí mesmo tamén é moi importante, senón que tamén estaremos apostando por un modelo que vai acabar reducindo a comisión de determinados delitos.

Moitos dos delitos que está a haber na nosa cidade, pois teñen un repunte moi preocupante que é do consumo de determinadas drogas e por tanto, tamén, do tráfico de drogas. O tráfico de drogas é un delito, hai que perseguilo, pero un drogodependiente no podemos esquecer de que é un enfermo. Polo tanto, son necesarias tamén medidas de prevención para evitar que haxa persoas que acaben recurrindo ao consumo de determinados estupefacientes que acaban provocando determinados síndromes de abstinencia que os leven a delinquir. Hai que abordar tamén a situación de esas persoas dende unha perspectiva sanitaria, dotándoos de todos os medios para axudarlos a superar esa adicción e reinsertarse a a vida social.

Si temos barrios tamén máis degradados, eso en sí mismo é un caldo de cultivo para que afloren determinadas fontes de formas de delincuencia. Se un pasea por barrios sucios, barrios onde o espazo urbano esté nun estado de semi abandono, onde a maioría dos locais están pechados… calquer cidadán, síntese inseguro, incluso evita pasear por esas rúas. Polo tanto, si apostamos por un plan de rexeneración dos barrios que revitalice os barrios da nosa cidade, que mellore o espazo público, tamén estaremos creando entornos máis seguros.

Polo tanto, dende o punto de vista do BNG a prevención de determinadas formas de delincuencia, hai que abordarlas de unha manera integral, por suposto, adoptando medidas que melloren a seguridade, pero tamén atacando as causas que provocan un incremento de determinadas formas delictivas.

¿Cuál es su postura sobre la gestión de los residuos? ¿Cómo mejorar la gestión de los residuos urbanos?

Pois apostando por un modelo que realmente se marque como obxectivo a redución, o reciclaxe e a reutilización. Na Coruña temos unha planta de xestión de residuos sólidos urbanos que é a planta de Nostián, que naceu para impulsar un modelo alternativo ao que representa o modelo Sogama, a maioría do país onde se aposta por un modelo de xestión de residuos altamente contaminantes, unha fracción moi importante se destina á incineración co impacto ambiental que iso ten…

Cal é o problema? Que a planta de Nostián non está cumprindo con eses obxectivos. Nada máis que está conseguindo reciclar unha fracción moi pequena dos residuos que entran en Nostián. Polo tanto, hai que mellorar o funcionamiento de esa planta. Eso require de investimentos para que realmente cumpla con esa función de reciclar, é imprescindible tamén desenvolver liñas de actuación que reduzan en orixe, informando aos cidadáns e colaborando cos cidadáns para facer posible esa redución en orixe. Cal é o problema? O problema é que a planta de Nostián está concesionada no ano 2020, un de xaneiro do ano 2020. Polo tanto hai máis de tres anos venceu a concesión, dende aquela a empresa concesionaria sigue prestando ese servizo en precario, dado que venceu a concesión, como está prestando ese servizo en precario, apenas inviste na planta co cal o funcionamento da planta cada vez é máis deficiente.

Pero, moito me temo que por segundo mandato consecutivo se incumpla o compromiso de licitar a nova concesión e de licitala conforme a criterios, que aseguren que se cumplen realmente, se cumplan realmente os obxectivos de redución, reciclaxe e reutilización. O goberno da Marea Atlántica no seu momento se comprometera a que esa licitación tería lugar antes de que rematase o seu mandato, non foi capaz de licitar ese servizo. E agora o actual goberno municipal, pese a que caducou a concesión o un de xaneiro de 2020, agora o actual goberno municipal tamén se está mostrando incapaz de sacar ao tratamento de residuos sólidos urbanos da Coruña de novo a licitación. Esa é a situación.

Polo tanto, o BNG é moi crítico e comprometese a facer da redución, do reciclaxe, e a reutilización un elemento básico da política medioambiental impulsada dende o goberno municipal.

¿Cómo piensa abordar o problema de la falta de espacios públicos y de ocio?

Pois apostando por un modelo de cidade que recupere o espazo público para que os protagonistas do espazo público sexan, sobre todo as persoas, os cidadáns. Se temos un espazo público accesible a todos e a todas por igual, teremos un espazo público de máis calidade, e teremos un espazo público máis seguro. Polo tanto, o protagonista na ocupación de espazo público ten que ser ante todo o peón, esa ten que ser a prioridade, polo tanto no diseño das políticas urbanísticas, ese ten que ser o eixo vertebrador.

E no que afecta ao ocio, creo que o concello da Coruña ten que impulsar unha oferta de ocio máis diversa, máis creativa, poñendo en valor a extraordinaria rede de equipamientos que ten esta cidade, e que moitas veces no son suficientemente aproveitadas. Eu aposto por unha Coruña onde nos centros cívicos se programen todo tipo de actividades pensando absolutamente en todos os públicos. Na xente maior, por suposto, pero tamén a xente xoven, por un modelo de xestión dos propios centros cívicos onde o tecido asociativo tan rico que ten esta cidade sexa protagonista e poida programar él mesmo actividades diversas nos centros cívicos, que axude e coopere cas entidades cívicas que hai na nosa cidade para dar difusión a súass actividades e polo tanto para ter unhas posibilidades de ocio moito máis diversas, moito máis polifacéticas das que temos na actualidade.

¿Qué medidas tomaría para fomentar la participación ciudadana?

En primeiro lugar, concebir de que a participación cidadá é un instrumento fundamental de calquera política, se se concibe a política como unha ferramenta de transformación. Non é posible transformar nun sentido positivo a cidade da Coruña para facer da cidade da Coruña unha cidade máis inclusiva, unha cidade máis verde, unha cidade co maior calidade urbana, senon contas coa complicidade dos cidadáns, e para contar coa complicidade dos cidadáns é imprescindible facelos partícipes.

Por iso o BNG aboga por que os consellos locais de participación teñan un funcionamento real, no meramente formal; sexan foros onde no só se informe ó tecido asociativo da nosa cidade das actividades que desenvolve o goberno municipal, senón que se escoiten as propostas dos cidadáns, se lles de voz e iso sexa tido en conta logo no deseño e impulso das políticas municipais.

Apostamos tamén porque existan consellos de barrio onde teñan participación todas as entidades barriais para que a través deses consellos transmitan as súas propostas, e esas propostas se incorporen ás actuaciones municipais nese barrio, por utilizar ferramentas, contempladas na lexislación, como as consultas populares, para que en aqueles temas que teñan unha importancia singular para o futuro da cidade ou para o futuro dun barrio, pois poidan ser sometidos a consulta, e os cidadáns poidan expresar a súa opinión.

O BNG aposta en definitiva por unha democracia real, por unha democracia participativa na que os cidadáns non sexan suxeitos pasivos, sexan suxeitos activos no deseño do futuro da súa cidade e na transformación positiva da cidade no día a día. E para iso é imprescindible reforzar toda as ferramentas de participación.

Y ya para terminar ¿qué aporta su lista de candidatos?

Pois sinceramente, con toda humildade, creo que o BNG aporta solidez, solvencia, capacidade. En este mandato creo que cualquer cidadán podrá recoñecer, estea de acordo co BNG ou non estea de acordo co BNG, que o BNG non foi noticia polo ruido, non foi noticia por as dimisións. Foi noticia por estar centrado no traballo municipal; entendendo por traballo municipal non só o que se fai entre as cuatro paredes do concello, senón o diálogo e a escoita á cidadanía e intentar dar impulso ás políticas municipais cas nosas propostas, coas nosas iniciativas.

Por tanto, creo que aporta solvencia, proxecto, capacidade, pero aporta tamén enerxía e ilusión para impulsar os cambios que necesita á Coruña do futuro que co concurso de todas e todos, queremos construir.

Dende o noso punto de vista, nas vindeiras eleccións municipais a escolla non pode ser cuatro anos máis de continuismo, cuatro anos máis dun goberno municipal o que creo que lle faltou impulso, que moitas veces estivo máis preocupado da propaganda, das fotos, que de atender as necesidades da cidadanía no día a día. Pero a escolla tampouco poder ser o retorno ao modelo do pasado, un modelo caduco, un modelo de cidade xa superado como o que representa o Partido Popular.

A escolla ten que ser imprimirlle a esta cidade un cambio de rumbo, e creo que sinceramente o BNG é a forza política que está en condicións de asegurar como posible ese cambio de rumbo.

Pues muchas gracias.

Pois un placer. Moitas gracias a vostede pola entrevista.

Francisco Jorquera presenta unha proposta para facer da Coruña a capital económica de Galiza