eleccións municipais

Xan Xove: "Queremos unha Coruña máis verde, máis xusta e máis feminista"

Xan Xove, candidato a la alcaldía da Coruña por Marea Atlántica, nos conta as súas propostas para facer da cidade un lugar máis verde, xusto e feminista. Nesta entrevista, fala dos problemas de vivenda, mobilidade e emerxencia climática que afectan aos coruñeses e coruñesas, e das medidas que quere impulsar para solucionalos.
Xan Xove: "Queremos unha Coruña máis verde, máis xusta e máis feminista"
Xan Xove
Xan Xove

Estamos con Xan Xove, candidato a la alcaldía da Coruña por Marea atlántica

¿Cuáles son as principais propostas del programa electoral?

As principais propostas do programa electoral da Marea Atlántica dende logo é atender sempre ás persoas que máis o necesitan e encarar como cidade o reto que a emerxencia climática que ten a cidade da Coruña. E esto, desgranado en diferentes medidas máis polo miudo, máis concretas pois sempre arredor da mobilidade ou arredor do transporte público, da mobilidade da cidade, arredor das persoas que en este momento teñen dificultades para acceder á vivenda, as persoas desfavorecidas que pola inflación ou pola situación económica están quedando atrás, reforzando os sistemas de becas comedor, os sistemas de rendas sociais municipais que está quedando por desgracia un pouco atrasado e en xeral, pois primeiro atender, digamos, da Coruña que está quedando atrás, esa Coruña que temos que dende logo mirar sempre máis para Coruña das máis necesitadas e dos máis necesitados e, dende logo, pois esto para nós vai ser a liña prioritaria no goberno canto antes.

Porque non pode ser que haxa coruñeses e coruñesas pasandoa mal, tendo dificultades para atopar vivenda, que haxa un reto, unha emerxencia climática encima da mesa que afecta gravemente ao problema enerxético, a problemas de mobilidade, a problemas de acceso a todo tipo de dereitos e servizos públicos e esto dende logo vai ser onde se engloben as liñas principais do noso programa para unha cidade máis verde, máis democrática, máis xusta e máis feminista.

¿Cuáles son las principales necesidades de la ciudad y cómo planea abordarlas?

Bueno pois xa o decía agora: na cidade estamos vivendo un fenómeno que xa coñecemos ben os que somos de esta cidade e é o centralismo, por desgracia o centralismo coruñés, e facer unha política que se centre só, digamos nos Cantóns. Nós chamámoslle unha política cantonal, como así unha metáfora do que vemos que está acontecendo. Céntrase recursos no centro da ciudade mentres os barrios quedan abandonados, quedan atrás, os servizos públicos que se prestan nos barrios son peores... Para nós esto é fundamental, prestar servizos en igualdade dunha maneira similar en todos os barrios, atender deses barrios que en este momento están quedando atrás ou necesitan un reforzo deses servizos públicos… para nós eso e dende logo é fundamental.

¿Qué medidas tomaría para reducir la pobreza?

Bueno, a Marea Atlántica xa gobernamos esta cidade e puxemos en marcha medidas pioneiras como a Renda Social Municipal. Unha Renda Social Municipal que a pesar de no ser competencia do Concello da Coruña, de ningún concello, pois foi das pioneiras en todo o estado, que funcionou moi ben e que realmente para nós é un orgullo como coruñeses e coruñesas, poder decir que A Coruña atende das persoas que o necesitan máis.

As bolsas comedor, outro tipo de axudas, volvemos ao tema da vivenda, todo o mundo sabe que na Coruña é imposible alugar... pois son medidas para nós prioritarias. Dende logo estamos vendo con moita preocupación que a Renda Social Municipal por exemplo, pois está tardando máis dun ano moitas veces en resolverse. Claro, son persoas que teñen problemas acuciantes, reais, materiais, día a día e este tipo de axudas teñen que ser moito máis áxiles, teñen que resolverse canto antes, reforzar os servizos sociais e prestar todo tipo de axudas.

Hai medidas que foron na boa dirección pero foron insuficientes e hai medidas que a pesar de estar acordadas coa Marea Atlántica principalmente iban en boa dirección pero despois nunca se chegaron a levar a cabo polo goberno de Inés Rey. E para nós, pois esto é fundamental evitalo no futuro, por eso a Marea Atlántica ten que volver. No mes de maio temos que volver a María Pita e volver a gobernar esta cidade, é fundamental. Non serve só decir “a Marea Atlántica tiña boas ideas, vamolo facer mellor”, que foi o farol que empregou Inés Rey no ano 2019. Non é certo, non se fixo mellor. E a Marea Atlántica temos que volver.

Estas medidas pioneiras, como a Renda Social Municipal, ampliar as bolsas comedor etcétera, etcétera, a gratuidade das escolas municipais infantís. A gratuidade das escolas municipais infantís conseguiuna a Marea Atlántica forzando ao goberno da cidade da Coruña por medio dunha negociación orzamentaria. Agora sí xa é unha realidade pero houbo un retraso de varios anos para poñelo en marcha, e eso non pode volver a acontecer, para que as persoas pobres, as persoas vulnerables, esas persoas que están quedando atrás, necesitan un apoio moi claro e decidido da institución do goberno da cidade da Coruña.

¿Qué medidas tomaría para mejorar el transporte público?

O transporte público é un deses grandes temas: o transporte público e o transporte privado. Por qué digo esto? Porque sempre falamos de feito, temos actos sectoriais e entre eles centramos moito a atención en temas de mobilidade; sabemos que a Coruña forma parte de unha gran área metropolitana; é, digamos, a península final dunha área cidadá, unha área urbana mellor dito, que debería ser unha área metropolitana xa de facto pero non o é, e realmente os problemas de mobilidade na Coruña non se van a resolver únicamente traballando dentro do concello da Coruña.

Ten que haber unha planificación e unha estratexia metropolitana de mobilidade ao respecto dos concellos limítrofes coa cidade da Coruña. Todo o día entran na Coruña e saen máis de 100.000 vehículos, co cal hai que atender ao transporte público dende logo, pero tamén ao transporte privado. Na cúspide da pirámide da mobilidade sempre se fala que a mobilidade peonal, a xente que camiñamos, que camiña pola rúa, é o fundamental. Por exemplo, facer camiños seguros para ir ás escolas é unha propuesta que facemos nós para mellorar esa mobilidade peonal.

Logo hai outro tipo de mobilidades, como por exemplo as bicicletas, que cada vez están batendo récords de uso. É interesante lembrar que as bicicletas, o Bici Coruña, estanse abrindo estacions novas e reforzando servizos de bicicletas, gracias a uns fondos que logrou a Marea Atlántica cando gobernaba os fondos EIDUS da Unión Europea que agora están vendo os seus froitos. Moitas veces as políticas necesitan varios anos para dar os seus froitos. A bicicleta cada vez é un medio máis usado, hai outros medios de transporte similares á bicicleta que son moi minoritarios que tamén teñen que regularse e ordenarse.

Con respecto ao transporte público na cidade da Coruña, bueno, máis alá de que dende a Marea Atlántica impulsemos que outras administracións, sobre todo administración Estatal e a Xunta de Galicia, impulse unha rede ferroviaria que poida conectar os concellos limítrofes, o golfo ártabro e que intente dalgunha maneira aproveitar unha infraestructura que xa existe que é a vía férrea.

Máis alá deso, en realidade o máis fundamental na Coruña probablemente é a concesión da compañía de tranvías do transporte público municipal. Para nós é fundamental entender que no ano 2024 remata o seu contrato de concesión. Nós entendemos que é unha oportunidade histórica para darlle unha volta dende logo completamente ao mapa de liñas e estudiar a municipalización do servizo, crear unha entidade municipal que preste ese servizo como tantas outras cidades do estado. Non pode ser todos os atrancos que tivemos a Marea Atlántica para intentar baixar o prezo de bus cando en realidade demostrouse que esa baixada do prezo do bus complementouse sen ningún tipo de problema co aumento dos seus usuarios e usuarias. Cada vez son máis os usuarios de bus porque o prezo é máis asequible; a pesar de que temos un sistema de liñas de bus urbano moi ineficiente con liñas que se solapan, con liñas dobladas... Realmente é un sistema que ten que darselle unha volta completa. O 2024 é unha oportunidade de ouro para darlle unha volta completa ao mapa de liñas e á propia prestación do servizo. Hai outros servizos públicos que se prestan dende empresas municipais, como a auga por exemplo. Non é nada extraño prestar un servizo municipal nunha empresa pública e dende a Marea Atlántica entendemos que o 2024 hai unha oportunidade de ouro para darlle unha volta. E dende logo entendemos que eso debe facerse dende o goberno da Marea Atlántica en maio volvendo a María Pita.

Xan Xove 02
Xan Xove 

¿Qué propone hacer para mejorar la situación de los barrios más desfavorecidos?

Propoñémolo e non o propoñemos agora no programa, senón que o levamos propoñendo dende que gobernamos e o propoñemos agora dende unha oposición sensata, razonable, pero que nos atopamos por desgracia con un goberno pois, ineficaz, con retrasos tremendos de execución de diferentes cuestións. Por exemplo, a escola infantil de Xuxán sen ir máis lonxe, a biblioteca de Novo Mesoiro. Nós gustanos chegar a todos os barrios da cidade da Coruña. Cando chegamos ao Martinete e non hai aceras para que a xente poida pasar e a xente que vai a pe ou en cadeira de rodas ou con un carriño de bebé, ten que baixarse á calzada e hai lugares onde nin sequera existe esa acera nun barrio da cidade da Coruña, vemos que hai problemas acuciantes, urxentes que teñen que ter unha solución inmediata. Cando vamos ao sector sete, a Someso, e vemos o grao de abandono dun desenvolvemento urbanístico totalmente anacrónico, que cando se ve na foto era precioso. Todo o desenvolvemento de Someso, os que temos memoria e vimos as fotos, aquelo parecía fantástico e agora hai que ir alí e falar con esas persoas e preguntarlle: sen barredor, non hai auga nos hidrantes, non teñen prácticamente servizo de transporte público, Novo Mesoiro sigue coas mesmas liñas de bus dende que naceu a organización fai 20 anos.

Os barrios da Coruña teñen que ter unha atención e non pode haber unha diferencia tan abismal de vivir, digamos, nos barrios de luxo ou centráis da Coruña con vivir nos barrios onde vive a maior parte dos veciños e as veciñas da Coruña. Eu considerome un coruñés da liña 14, porque crieime na Agra do Orzán, despois meus pais tiveron un forno no Castrillón perto da Plaza de Pablo Iglesias onde vivín na rúa Castrillón; agora vivo en Labañou. Cando eu era pequeño, nós decíamos “podo baixar á Coruña?” Esa sensación sigue existindo, 30 anos despois. Eso non pode ser, non pode ser que haxa unha cidade de primeira, de luxo, e haxa uns barrios que sobreviven como poden. Hai que levar adiante unha política moi decidida de investimentos e de inversións pero realmente definidos para facer obras públicas mellorar os servizos, mellorar os transportes en todos os barrios onde vivimos a maior parte dos coruñeses e as coruñesas. Porque esa é a gran paradoxa. Onde vivimos a maior parte dos coruñeses e as coruñesas, nos Mallos, na Agra do Orzán, en Monelos, nos Castros, bueno, non me quero esquencer a ningún barrio, pero onde vivimos, en Monte Alto, onde vivimos a maior parte dos coruñeses é onde máis se necesita o investimento. Temos unha cidade demasiado centralista e Inés Rey volveu a esa política centralista que lembramos do pasado e que non queremos reproducir.

¿Cuál es su opinión sobre la vivienda en A Coruña? ¿Cómo planea abordar el problema de la falta de vivienda asequible?

O gran problema hoxe en día é a vivenda de alugueiro. É o gran problema hoxe en día para unha xeración de coruñeses e coruñesas. É prácticamente imposible falar cunha xeración de coruñeses e coruñesas, que non nos falen constantemente do difícil e carísimo que é alugar unha vivenda normal na Coruña, unha vivenda para para usar residencialmente.

É un problema complexo, sabémolo, pero hai cousas que se poden facer xa e que a Marea Atlántica xa propuxo. De feito nos orzamentos de 2022 había unha partida de 9 millóns de euros para diferentes accións de plans municipais relacionados coa vivenda pública, coas bolsas de alugueiro. E o goberno de Inés Rey deses nove millóns de euros que acordamos a Marea Atlántica co PSOE no moveu nin un euro; rematou o ano 2022 e non empregou nin un só dos nove millóns de euros que acordamos. Esto é fundamental que a xente o saiba e por eso en maio temos que volver a gobernar nós. Esto non pode seguir así.

A Coruña é unha cidade que ten máis pisos turísticos xa que Santiago de Compostela, pero é que ademáis A Coruña é unha cidade, non quero errar moito, pero creo que ten 700... no lembro a cifra exacta, 700 e pico pisos turísticos ofertados, por decilo así. Para unha persona que queira vir aquí a pasar un fin de semana, e eso parecenos moi ben, pero é que á vez hai menos de 500 pisos para alugueiro convencional. Esto non o decimos nós, son cifras oficiais que dan diferentes entidades. Ademáis o alugueiro da cidade da Coruña aparte de ser o máis caro de toda Galicia, está rozando os 600 euros, creo que está en 583 euros un piso de dúas habitacións, non un piso co grandes vistas etcétera, non, un piso calquera, un piso 583 euros de alugueiro medio. Nós, como xa dixen, propuxemos un plan de vivenda municipal acordado co goberno no ano 2022 que non se puxo en marcha e que no se aproveitou ningún deses nueve millóns de euros.

Aparte deso puxemos un plan chamado “Mover os baixos” para ocupar baixos baleiros por medio de xente que quera emprender ou incluso equipamentos públicos a asociacións, entidades ou incluso o Concello podría ter adquirido eses propios baixos para revitalizar os barrios. Por qué? Porque cando vas polas rúas da Coruña e encontras baixos comerciais baleiros, a sensación de abandono, a suciedade, a falta de vida, a pérda do comercio local, pois son fundamentais. Forzamos ao goberno local a sacar unha partida para motivar que eses baixos baleiros se puxeran en marcha, un programa que se chamaba “Mover os baixos”. Foi tan desastrosa a saída o público que fixo o goberno de Inés Rey deste tan importante, pensemos na cantidade de baixos baleiros que hai na cidade da Coruña, cantas rúas están perdendo comercio local… Bueno, un problema realmente moi acuciante da nosa cidade, pois só se ofreceu un baixo posto que ese programa non tivo absolutamente ningunha publicidade. Non creo que haxa prácticamente ninguén que vexa este vídeo que coñeza este programa.

Esto é a maneira errónea de utilizar os recursos públicos. Os recursos que ademáis están sendo perdidos. O grao de execución das diferentes concellerías, algunha roza o 35% 30 e pouco, 40 e pouco... Cómo pode ser que remate un ano un goberno que ten a favor partidos que están que estamos mirando pola Coruña poñendo por diante os intereses da Coruña dos noso intereses de partido e que o goberno de Inés Rey non sexa capaz de levar adiante os investimentos que se acordan e que cheguen a un grao de execución do 35 ou 40% en políticas como vivenda, ou en políticas como emprego.

Para seguir co tema da vivenda na Coruña hai un dato interesantísimo: na Coruña hai unha franxa, eu sempre procuro ser conservador para que no diga nada, pero hai unha franxa entre 12.000 e 20.000 vivendas baleiras. Poñamos o dato menor, 12.000 vivendas baleiras. Un programa decidido municipal de rehabilitación das vivendas baleiras asociado a un alugueiro convencional a un prezo máis ou menos razonable sería un plan, eu creo que moi ben recibido pola ciudadanía de esta nosa querida Coruña.

Aparte deso no mes de xaneiro propuxemos sobre o tema dos pisos turísticos, nós os pisos turísticos entendemos que pode haber, pisos turísticos. O que non pode haber é un monocultivo de pisos turísticos que expulse ás persoas, sobre todo dos centros das cidades, que ademáis esto xa o vivimos. Eu vivín cinco anos en Barcelona a comenzos dos 2000 e vín claramente o que é o boom inmobiliario, vín claramente o que é a expulsión das persoas de alí. Nunha cidade como Barcelona, vese noutras cidades do noso entorno, en Oporto, en Lisboa... cidades que nós non temos nada contra o turismo, ao contrario, está moi ben que veñan visitantes a vernos. Pero obviamente haberá que salvagardar, haberá que ordenar que eses pisos turísticos poidan convivir con pisos de alugueiro convencional. Esto podese regular, non só se pode, senón que entendemos que o goberno de Inés Rey, o goberno da cidade da Coruña ten a obriga de regulalo. Bueno pois a solución de Inés Rey é mirar para outro lado, decir que non se ten que regular. Ata tal punto, nós pedimolo no pleno se non recordo mal, no último pleno de decembro, ou no primeiro de xaneiro, puxemos en marcha unha iniciativa que era executiva para xa comenzar a regular os pisos turísticos en aquel momento. E xa levábamos meses pedindoo. Inés Rey nin sequera o admitiu para levalo a pleno. Ben, seguimos insistindo. Ahí está a hemeroteca, mes tras mes, hai o doble de pisos turísticos, cando chegou Inés Rey ao goberno e cando agora vai sair do goberno, hai o doble de pisos turísticos da cidade da Coruña e non fixo absolutamente nada. Levamos o tema á Valedora do Pobo, que está investigando a cuestión, pero que outros concellos cercanos, como por exemplo Santiago de Compostela, xa está regulando os pisos turísticos dende fai anos, por normalidade. E entendemos que esto, que ten que facerse, ten que haber unha política de vivenda, unha planificación de vivenda, non pode ser que a planificación de vivenda sexa simplemente, pois o Mercado, ou sexa simplemente os pisos turísticos dan rendimento, pois miles de pisos turísticos. Ou as grandes promocións inmobiliarias herdadas dos anos 90. Cómo se pode facer promoción inmobiliaria con características de fináis do século pasado. No ano 2023 non podes aplicar normas de construción do ano 1998, esto podeo entender cualquera. Nós non estamos en contra obviamente da promoción de vivenda, A Coruña ten que medrar. De feito A Coruña está medrando por Xuxán precisamente porque a Marea Atlántica resolveu un laberinto burocrático que había alí terrible, ou sexa, en Xuxán tiñamos un problema gordísimo e a Marea Atlántica desenguedellou todo eso. Obviamente esto non se amaña nun ano nin en tres. Pero ese desenguedelle foi o que logrou agora que Xuxán sexa un barrio que medra. Hai obras en marcha pola cidade da Coruña. Nós, a priori, non estamos en contra da promoción, obviamente, senón que o que é razonable é pedir que se cumplan as normas actuais e que non se fagan desenvolvementos urbanísticos con criterios do século pasado. E sobre todo, sen ter en contra os efectos no seu entorno nas persoas que van a vivir alí. E esto tamén o vivimos e temos exemplos desta cidade. Primeiro pensase nun desenvolvimento urbanístico é despois pensase nos servizos asociados. Primeiro fago unha promoción para milleiros de persoas... e esa xente onde vai ir ao médico? Esa xente cómo vai chegar? Esa xente que zona verde vai ter? Esto vivimolo nas últimas décadas. Cualquer persoa que escoite este vídeo, sexa da Coruña cun pouco de perspectiva sabe que por desgracia, esto foi recurrente na cidade da Coruña nas últimas décadas.

Esto ten que cambiar, ten que haber unha dirección, ten que haber unha planificación ordenada lóxica, con sentidiño, con sentido común, do crecimento da cidade da Coruña. E esto é polo que abogamos na Marea Atlántica.

E ademáis ten que facerse vivenda pública. E as únicas dúas promocións de vivenda pública da cidade da Coruña tanto na rúa Pontejos, aquí, moi cerca de aquí, como no barrio de Xuxán, foron iniciativas da Marea Atlántica que, bueno, levan un retraso, pero obviamente, qué podemos facer nós? Volver en maio a María Pita, dende logo.

Xan Xove
Xan Xove

¿Qué medidas tomaría para fomentar el desarrollo económico y la creación de empleo?

Antes falabamos precisamente de este programa “Mover os baixos”. Para nós eso é fundamental: fomentar o desenvolvemento de postos de emprego de calidade, fomentar o desenvolvemento económico, pero se pode ser, con capilaridade, non facendo monocultivos nin creando grandes grupos empresariais pero que despois esa distribución de riqueza tal vez non chegue a toda a cidade. Cremos firmemente no comercio local, pensamos que hai que apoiar o comercio local, cremos firmemente nun sector cultural, o turismo ten un papel...

O porto, fixémonos no porto. Nós estivemos visitando a lonxa fai escasas semanas. E a principios dos anos 2000 nesa concepción totalmente anacrónica da Coruña como un lugar onde o principal era os grandes desenvolvementos inmobiliarios sen pensar en nada máis, digamos a cultura de pelotazo, para que a xente o poida entender así. O porto da Coruña é unha enorme posibilidade a futuro de desenvolvemento económico da cidade. A pesca, a economía azul, xa existen na Coruña. Temos un auténtico… temos un sector económico que rodea esta cidade, ao que se lle deu as costas, unha vez tras outra nas últimas décadas. Cando ti vas á lonxa, ves a actividade que hai alí, falas coa xente que está implicada no sector, falas coa xente da pesca e ves como a dirección económica por parte de todas as administracións pero especialmente do Concello da Coruña non mirou para ahí, ves o enorme erro histórico que se está cometendo. O porto da Coruña, aparte de unha gran zona pública unha zona de equipamentos e outro tipo de temas, como mobilidade, etcétera, tamén ten que ser un polo económico. O porto exterior está dando beneficios, fantástico, pois se eso axuda a condonar esa lousa que nos condenaron na Coruña da débeda da Autoridade Portuaria da Coruña, pois benvida sexa.

A Coruña é un foco cultural, de primeira magnitude. Agora temas de novas tecnoloxías, a Cidade das TIC creouse cando gobernaba a Marea Atlántica e o impulso no goberno da Marea Atlántica de crear no que era fábrica de armas, unha cidade das TIC, pois eu creo que a medio e longo prazo vai ser moi beneficioso para a cidade da Coruña. Dende logo somos un polo atraente de diferentes sectores económicos e eso non hai que perdelo sempre. Pero o que hai que pensar sempre tamén nas persoas que vivimos, no comercio local, no comercio de ti a ti, que é o principal. De feito sempre se fala, que a pequeña e mediana empresa, o comercio local é o maior empregador. Claro, pois coidemolo, non fagamos unha política de grandes áreas comerciais nas aforas senón que fagamos unha política de buscar recuperar ese comercio local, buscar ese tipo de sinerxias que son as que pensamos que interesan na cidade da Coruña.

¿Cómo piensa abordar el problema del cambio climático y la sostenibilidad?

Ahí a mobilidade é fundamental. Xa falamos antes da mobilidade, de intentar buscar máis mobilidades que non teñan ese impacto na mudanza climática. Despois hai varios proxectos que foron postos en marcha pola Marea Atlántica e conxelados polo goberno de Inés Rey.

Como por exemplo, o mapa de enerxías renovables da cidade da Coruña que levamos varios anos pedindo que se publique, detectando ónde a cidade da Coruña pode buscar esa eficiencia enerxética autoproducindo enerxía ou buscando esa eficiencia. De feito nós propuxemos neste mandato a posta en marcha dun operador enerxético municipal, un pouco máis, digamos, orientado cara a pobreza enerxética das persoas que teñen dificultades para acceder polo alto custe das enerxías, pero tamén como paso primeiro para a posibilidade de que a Coruña teña un novo paradigma de relación coa enerxía. Para nós eso é fundamental, a mobilidade os temas de transporte...

Todos sabemos que un dos grandes problemas da mudanza climática é a contaminación, aparte é un problema de saúde pública e un tema das enerxías, para nós é fundamental e estamolo facendo de feito. Por outro lado sobre o tema de residuos, por exemplo, o tema de residuos Coruña foi pioneira na separación da materia orgánica e na búsqueda da eficiencia na recuperación de todo tipo de materiais que se poden recuperar. Lamentablemente Nostián tivo diferentes problemáticas nos últimos anos e agora vemos que Inés Rey a pesar de prometer durante catro anos que sacaría os pregos de Nostián, non só non o fixo, non aproveitou o traballo feito pola Marea Atlántica, non só non o fixo senón que ademáis fracasou totalmente na solicitude ao Ministerio de Medio Ambiente para pedir unha excepción á nova norma, a do quinto contenedor para para digamos recoller a materia orgánica... é sorprendente, de verdade, porque a Coruña xa facíamos eso hace 20 anos. Que se pode mellorar? Sempre se pode mellorar. Que necesita un investimento? Por suposto, necesita un vestimento. Pero A Coruña xa estábamos facendo eso. Esa recuperación de residuos, esa eficiencia nos residuos sólidos urbanos, esa eficiencia nos usos dos materiais tamén é fundamental para a mudanza climática, tamén é fundamental para unha vida pois máis digna e máis acorde co medio ambiente, para Marea Atlántica é fundamental que haxa unha cidade verde e temos diferentes iniciativas, levamoas adiante e intentamos que neste mandato se levaran e lamentablemente pois atopamos un auténtico muro no Concello da Coruña.

¿Qué propone facer para mejorar la Seguridad Ciudadana?

Bueno pois para min, a seguridade ciudadá é unha cuestión principalmente de desigualdade. Ademáis queremos, bueno, nós entendemos que onde haxa unha fricción ou un problema puntual hai que abordalo, pero non só dende un punto de vista policial. Que a paradoxa ademáis é que por un tema de estabilidade orzamentaria a Marea Atlántica cando gobernábamos fomos quen máis reforzou o corpo de policía local, en fin, cousas que acontecen. Pero dende logo os problemas de inseguridade hai que abordalos dende unha perspectiva poliédrica, hai que ver por qué se crea esa inseguridade, hai que ver por qué a xente se sinte excluida ou porque a xente... que lle leva á xente a unha adicción a unha sustancia ou que lle leva á xente a unha pobreza severa, unha pobreza relativa unha pobreza material. E hai que abordalo dende un punto de vista poliédrico. E o primeiro que é importante é pedir un pouco de responsabilidade. É certo que cando hai algún tipo de fricción na sociedade todo o mundo se alarma e nós tamén e hai que tratalo. Pero non se poden estigmatizar barrios, non se pode pensar que únicamente vai existir unha solución policial. Por poñer un exemplo, os delitos que medraron a pesar de que Coruña sigue sendo unha das cidades máis seguras, os delitos que medraron son delitos menores, hurtos, hurtos en supermercados. Si a solución é poñer un policía na porta de cada supermercado... eu creo que non é serio, non é riguroso. A policía obviamente son profesionais terán que facer o seu traballo como entendan que teñen que facelo.

Pero dende logo o que hai que facer é abordar o tema dende múltiples puntos de vista, abordar o acceso a vivenda, abordar as situacións de carestía ou de emerxencia social que poidan estar tendo persoas e ademáis abordar na educación de rúa. Nós no noso mandato puxemos en marcha programas de educación de rúa, de convivencia... hai que ocupar a rúa de actividades, hai que ocupar a rúa de todo tipo de posibilidades para que a xente realmente teña unha vida sana e digna digna nunha convivencia saudable. E para nós é fundamental esto, non só quedarnos na solución policial. Porque inseguridades hai moitas e a maior parte das inseguridades que eu atopo son de cómo vou pagar este mes o meu recibo de alugueiro? Como vou a criar os meus fillos e as miñas fillas? Que vou facer se non me suben o salario e a cesta da compra aumenta un 15% cada mes? Onde vou vivir si me botan do traballo? Eso é unha inseguridade. Entón cómo afrontamos esas inseguridades para que non desemboquen en problemas de convivencia? Eso para nos é fundamental e non crear alarmismo nin pánicos infundados e por suposto non estigmatizar barrios

¿Cuál es su postura sobre la gestión de los residuos en la ciudad?

Bueno xa o dixen antes. Unha auténtica oportunidade perdida. Entendo que cando falas de xestión de residuos refireste á planta de Nostián, non á limpeza das rúas.

Eu aquí teño unha pequeña anécdota persoal que contar. Nos anos 90 nós tiñamos no instituto Agra I, da Agra do Orzán, tiñamos un colectivo ecoloxista. E naquel momento había unha especie de pequeno conflicto, si incinerar o lixo en Sogama, ou facer plans de compostaxe, facer plans de recuperación de materiais, facer plans de eficiencia en uso dos materiais, que se chamaba reducción. As tres ou cinco erres. Ben, uns rapaces que estabamos no instituto fomos ao pleno do Concello da Coruña en María Pita, levabamos unha pancarta cuna flor que poñía “reciclaxe xa!”. Bueno, o alcalde daquel momento do Partido Socialista Obrero Español, Señor Francisco Vázquez, desaloxounos do salón de plenos, suspendeu o pleno e levounos a xuizo porque estábamos pedindo un plan de reciclaxe para a cidade da Coruña dende o noso instituto Agra. Paradoxas, non? despois caeu o vertedoiro de Bens, pasou que pasou, como decía o outro, e finalmente Coruña puxo en marcha un sistema pioneiro de recuperación de residuos. A paradoxa é que ao final nos fixeron caso.

Á Marea Atlántica, todo o mundo que escoite esta entrevista, sabe que unha das cuestións que máis lle interesa é o que nos chamamos “abrir o pazo á praza”. Que a xente poidera participar. Creamos o escano cidadán, onde a xente libremente pode participar no pleno. Creamos os Dillo Ti, obviamente fulminados polo goberno de Inés Rey, onde cada mes o goberno en pleno iba a un barrio a dar explicacións a quen pasara por alí. Creamos os orzamentos participativos. Fixemos todo tipo de propostas enriba da mesa sobre diferentes barrios, zonas en coles, diferentes tipo de cuestións para que a xente participara. Ben, nós naquel momento pedíamos un plan de reciclaxe. Coruña o puxo en marcha. Pero por desgracia agora vemos que salvo milagre, que non vai a acontecer, é o fin dun modelo que o deixou esmorecer o goberno de Inés Rey. O que falaba antes, a non admisión da excepcionalidade da planta de Albada, da planta de Nostián da cidade da Coruña para nós é un tema fundamental. E é un erro gravísimo e é un problema que para nós é incluso por un lado un problema identitario, vai ser un problema económico. Nunca a planta de Nostián recuperou tanto como cando gobernou a Marea Atlántica e fixemos diferentes auditorías para ver realmente o que se estaba... Inda así tiña problemas estructurais, eso non o negamos, si hubo problemas de todo tipo, problemas co persoal, problemas do persoal por non cobrar coa empresa, etcétera, etcétera. Ainda así tiñamos ese sistema adecuado de proximidade, non un un sistema que había que transportar o lixo por toda a comunidade autónoma, ni levalo acentos de kilómetros, senón un sistema cercano que presta ademáis o servizo aos concellos limítrofes tamén, etcétera.

É tan desastroso a finalización do mandato de Inés Rey e a súa concellería de medio ambiente en este sentido, que nos resulta incalificable. E esto é moi difícil transmitir ás persoas. Porque esto sí que é certo que é un problema que sempre tivemos na Coruña: un enorme grao de descoñecemento de cómo funciona o sistema de tratamento de residuos propio e incluso eso nos ten causado problemas incluso co propio sistema e é un problema grande, porque un dos grandes contratos da cidade da Coruña e no se sabe cómo se vai desenvolver. Estamos falando de millóns de euros que saen dos nosos impostos e do noso peto. E nom sabemos moi ben cómo se vai desenvolver todo eso. Descoñecemos cómo van ser os pregos, descoñecemos como vai funcionar o sistema. E lamentablemente pois unha vez máis probablemente teñamos que ir a Marea Atlántica a poñer orde na concellería de medio ambiente e mirar cómo adaptar a obriga da nova lexislación do Ministerio de Medio Ambiente á realidade de que Coruña teña un sistema característico, propio, de separación e tratamento dos propios residuos.

¿Cómo piensa abordar el problema de la falta de espacios públicos y de ocio?

Como decía antes son da Agra do Orzán. De falta de espazos públicos sabemos moitísimo. sempre se falou que a Agra do Orzán era un dos barrios máis poboados de Europa por densidade de habitantes. Porque ninguén planificou na Agra do Orzán unha zona verde. De feito, a praza das Conchiñas foi prácticamente unha casualidade da historia, que se convertira finalmente nunha praza. Realmente é tremendo o pouco espazo público disponible por habitante na cidade da Coruña e sobre todo, digamos, o desiguamente repartido que está.

Na Agra do Orzán, por poñer este exemplo que me parece paradigmático, nós intentamos avanzar no Parque do Observatorio, seguimos reclamando que o Parque do Observatorio é unha débeda histórica que a cidade ten ás 30.000 persoas que viven na Agra do Orzán. E alí hai que facer o mellor proxecto posible, pero mentres este proxecto non se desenvolve, cómo pode ser que durante estos dous últimos anos as portas do Observatorio se pecharan e só se abran agora, nas eleccións? Si era tan doado abrilas, por que non se abriron fai unos anos? Por que se pecharon fai unos anos? Por que non se chegou a ese acordo co Ministerio de Medio Ambiente para abrirlas en aquel momento? É fascinante.

A Coruña ten unas características que son as que son, ou sexa, é unha península ten os espazos libres que ten, pero dende logo hai que buscar todas as solucións posibles para reaproveitar e recuperar espazos públicos para uso e disfrute das persoas. Nós diferenciamonos moito da cidade de Barcelona, que ten por decirlo así, un movemento municipalista que está gobernando esa cidade nos últimos anos. Entón intentamos sempre pois coller ideas daquí e dalá. En Barcelona hai un proxecto, que se chama o proxecto das super illas e realmente é fascinante cómo se recupera a vida dun barrio cando motivas por medio de actividades, motivas por medio de equipamentos ainda que sexan equipamentos ou actividades máis pequenas. Non enormes obras, senón obras e equipamentos e actividades feitas onde teñan que facerse para recuperar esa vida de barrio. Non obras porque sí, non “vou poñer un banco aquí porque sí”. Senón facer realmente un plan de recuperación do espazo público. E A Coruña necesita moito de eso. Necesita recuperar espazos públicos para as persoas.

Cando vivimos na pandemia, que foi un momento anómalo e que, por certo, obviamente a Marea Atlántica estivemos sempre a favor de obra, puxemos todo o necesario enriba da mesa para apoiar o goberno de Inés Rey, mover o que fora, porque entendíamos que era unha situación anómala. Fixémonos cantas rúas foron recuperadas para as persoas porque en aquel momento entendíase que se necesitaba un espazo entre as persoas. Eso, unha vez que se avanza é moi difícil volver atrás, e entendemos que ese é o camiño, demostrar que a cidade debe priorizarse para uso das persoas, para uso das familias, da xente maior, dos cativos e das cativas... e todo eso é fundamental. E A Coruña, polas súas características, necesita moitísimos tratamentos, digamos “micro” en diferentes lugares. Ainda así, lugares como por exemplo Agra do Orzán ou outros barrios, que teñen unha enorme poboación e que nom dispoñen agora mismo de zonas verdes ou digamos de zonas verdes de calidade ou de espazos públicos de calidade, ahí hai que tratar o tema con urxencia, canto antes buscar dotar dese tipo de posibilidades.

¿Qué medidas tomaría para fomentar la participación ciudadana?

Creo que ahí a Marea Atlántica xa temos traballo avanzado. Os orzamentos participativos, por certo, orzamentos participativos que o goberno de Inés Rey prácticamente ocultou nun caixón e unha vez máis pois houbo que presionar dunha maneira intensa para que volveran a saír de onde están; e moitos deses proxectos seguen sen estar en marcha, por certo, a pesar de que foron acordados. Eu creo que foron dalgunha maneira revolucionarios, os orzamentos participativos, ou sexa, poder ofrecerlle á ciudadanía dalgunha maneira que xestionen unha parte dos seus propios recursos. Eso para nós é fundamental, porque máis alá da creación de equipamentos dunha maneira moi intelixente, a intelixencia colectiva dos veciños e das vecinas da Coruña é fantástica e todo o mundo ten que facer cidade dalgunha maneira ou doutra. Hai que escoitar, hai que abrir as orellas, hai que escoitar. Os orzamentos participativos era unha maneira de que a cidadanía podía falar e decidir por sí mesma onde quede investir eses recursos para levar adiante todo tipo de obras públicas. Para nós, os orzamentos participativos hai que reforzalos, eso é fundamental.

Por outro lado recuperar os Dillo Ti. Moita xente bótaos en falta. De feito é curiosísimo, a sensación, falabamos con moitas entidades e moitas asociacións, incluso empresas, a alcaldesa está en moitas fotos pero despois cando a chamamos non ven nunca. Antes de esta entrevista estiven cunha entidade que leva dous anos pedíndolle unha xuntanza á alcaldesa e non se sabe... Asociacións de veciños e entidades de todo tipo que no se lle ven. Ou sexa, hai que contactar ca cidade, hai que escoitar á cidade. Nós relativamente fai pouco fixemos un acto de cultura, prácticamente 50 persoas profesionais do sector, e esto de que “o Concello non escoita” é algo habitual. É unha sensación de grandes eventos, grandes fastos, grandes políticas da propaganda, da foto fácil, pero despois, na Coruña de verdade, A Coruña que necesita unha dirección política para vivenda, para cultura, para economía, para mobilidade, para tipo de cousas no hai unha interlocución, hai un goberno aillado e a interlocución non existe. E ese tipo de participación para nós é fundamental, baixar a pé de obra e escoitar a todo o mundo, porque todos somos veciños e veciñas desta cidade e temos que escoitarnos. E cando gobernabamos, fixémolo: puxemos en marcha diferentes medidas, actividades para...

Hai todo tipo de entidades, por exemplo estaba lembrando o Consello Municipal da Cultura, que se acaba de crear, pero que xa está acordado dende comezos do mandato. Crease agora, a un mes das eleccións... Oh sorpresa. decía a outra; a un mes dunhas eleccións creas o Consello Municipal da Cultura... qué credibilidade pode ser eso? A cultura é un sector, por falar da cultura, que o pasou fatal na pandemia; moitas o pasamos fatal na pandemia por moito tipo de cuestións, pero é que a cultura é xente que non podía exercer a súa profesión, non podía tocar... púxose en marcha o programa Presco onde nos puxemos enriba da mesa os bonos cultura e todo tipo de actividades culturais para artistas e entidades locais que tiveran polo menos, ter esa actividade. Hai que escoitar. Ese Consello Municipal da Cultura que non se creou ata agora, como moitos outros que só se escoitaron unha vez. Deportes, máis alá de políticas de grandes eventos e moito aplauso, en realidade os equipamentos deportivos da cidade están caendo. As entidades están tendo numerosos problemas para levar adiante as súas actividades. Non falemos do pazo dos deportes ou doutro tipo de equipamentos públicos, porque realmente teñen un auténtico problema xigante encima da mesa. Hai que escoitar á cidade, hai que escoitar. A participación ten que empezar por escoitar, porque haxa unha interlocución clara.

Ya para terminar ¿qué aporta su lista de candidatos para las municipales?

Hoxe mesmo, non sei cando vai sair esta entrevista, uns días atrás, incorporamos a Xulio Ferreiro á nosa lista. Para nós é un auténtico orgullo contar co mellor alcalde da cidade da Coruña.

Pero é que ademáis, a nosa lista, entendemos que é unha lista moi variada, entendemos que é unha lista que pode, ademáis, que pensamos que reflexa moi ben diferentes ámbitos de gran importancia nunha sociedade. Temos xente da Universidade, temos xente do eido do animalismo, temos xente do sindicalismo, temos traballadores de axuda no fogar, temos xente que ven da educación, temos xente que ven de entidades sociais, entidades que tratan con migrantes, entidades que tratan problemas de pobreza, temos grandes profesionais de todo tipo de sectores que pensamos que representan moi ben o que é a cidade da Coruña, que é unha cidade moi ecléctica, moi poliédrica que a verdade é que estamos moi felices de vivir nela. E que é unha cidade moi plural, moi diversa e realmente a nosa lista pensamos que reflexa moi ben toda esta pluralidade e esta diversidade que ten a cidade da Coruña. Temos xente da cultura, da música, temos xente inmigrante… a verdade é que moi felices dunha lista que, bueno, que é moi difícil realmente pechar a lista porque queres meter a moitas persoas e moitas persoas queren vir, pero ao final tes que escoller, porque son 27 persoas que... en realidade a Marea non para, unha cosa que decimos moito, a Marea, en maio, volvemos. E a verdade é que o recibimento que estamos encontrando en todo tipo de entidades coas que estamos traballando na elaboración do programa, unha elaboración, digamos, de poñer en marcha a proposta para as elección nestas últimas semanas antes de que empece a campaña máis oficial, pois é unha resposta fantástica e la lista non é menos. É un compendio de todos estes sectores que entendemos que hai que implicar na cidade da Coruña

Muy bien pues muchas gracias, Xan

Moitísimas gracias a vos. Espero non terme pasado moito do tempo.

Xan Xove: "Queremos unha Coruña máis verde, máis xusta e máis feminista"