Marea Atlántica | nota de prensa

Marea Atlántica insta ao goberno local a dotarse un plan estratéxico de turismo

A proposta do executivo municipal para as subvencións do Ministerio de Turismo foi rexeitada ata en tres ocasións
Marea Atlántica insta ao goberno local a dotarse un plan estratéxico de turismo

Alberto Lema: “A proba de que non hai proxecto é que tentan convencernos de que un enlace cun aeroporto secundario como Orly pode suplir a irreparable perda do voo a Heathrow”

A Coruña, 8 de novembro de 2021.- O representante da Marea Atlántica no Consorcio de Turismo, Alberto Lema, lamentou hoxe que o goberno local perdese a oportunidade de recibir 5 millóns de euros en axudas dentro dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino, convocadas polo Estado para reactivar o sector tras o impacto da Covid-19. “A proposta do Concello foi rexeitada ata en tres ocasións. Outra mostra mostra máis da falta de proxecto para un sector que agora mesmo precisa unha reactivación sustentable para superar o impacto da crise. ”.

A proposta do Concello para estas subvencións foi suspendida tres veces tanto pola Xunta de Galicia coma polo Estado, pois ambas administracións achegaban fondos á mesma, xunto coa UE. E A Coruña queda así sen uns valiosos recursos públicos para apoiar a recuperación do sector.

O Concello carece nestes momentos de dun Plan Estratéxico de Turismo, xa que o último caducou en 2020 e non foi renovado. “Nestes momentos, extraordinariamente delicados, as políticas non poden improvisarse. Precisamos unha estratexia global e un proxecto claro, non unha xestión rutineira e improvisada”, engadiu Lema. Quen tamén lembrou que, a 21 de outubro, a área de Turismo só tiña o 21% do seu orzamento executado. 

Abstémonos de apoiar o contrato con Vueling

Proba desta falta de proxecto é o contrato que se levou hoxe ao Consorcio de Turismo, para subvencionarlle á aeroliña Vueling un enlace entre Alvedro e o aeroporto de París Orly con 120.000 euros. “Abstivémonos nesta votación, porque Orly é un aeródromo secundario que non resolve as necesidades de Alvedro”, explica Lema. De feito, xa existiu unha conexión con París no pasado e tivo que ser cancelada pola súa baixa resposta. 

“En lugar de gastar cartos públicos en conexións turísticas, o goberno debería apostar polos voos de negocios, e por recuperar o enlace cun hub internacional como foi Heathrow. Nestes momentos a perda de Londres é irreparable, e non poden convencernos de que se vai solucionar con Orly”, concluiu Alberto Lema.

Marea Atlántica insta ao goberno local a dotarse un plan estratéxico de turismo