Foron afectadas unhas 4.000 persoas

Restaurado o subministro de agua en Novo Mesoiro e Pocomaco

As tarefas de reparación leváronse a cabo en tres horas e media.

Restaurado o subministro de agua en Novo Mesoiro e Pocomaco
17_08_28_Rotura rúa O Souto2
17_08_28_Rotura rúa O Souto2

Ás 13.30 horas de onte quedou restaurado o subministro de agua en todo Novo Mesoiro e Pocomaco, logo de ser reparada a avería que causaron unhas obras relacionadas co servizo de alcantarillado, non relacionadas con Emalcsa. Nun prazo de 3 horas e media, o
persoal técnico de Emalcsa amañou a rotura dunha tubaxe de fundición dúctil e 200 mm de diámetro, que daba servizo a boa parte destas zonas.

A rotura produciuse ás 9.50 da mañá, na rúa O Souto (A Zapateira) por mor dun accidente nas mencionadas obras, desenvolvidas por unha empresa allea. O persoal de Emalcsa comezou a traballar no lugar aos poucos minutos de producirse a rotura, e mentres duraron os traballos, foi necesario levar a cabo un corte de auga, que afectou a máis de 4.000 clientes, entre empresas e particulares.

As reparacións leváronse a cabo coa maior rapidez posible, e nestes momentos todas as vivendas e inmobles afectados volven contar con subministro. Debido a esta incidencia, é posible que aparezan episodios de turbidez nas zonas afectadas, pero rematarán por desaparecer ao longo do día de xeito natural.

Restaurado o subministro de agua en Novo Mesoiro e Pocomaco