BNG | nota de prensa

O BNG presenta na Gaiteira a campaña Mellor local, mellor galego en apoio ao comercio coruñés

Nestas dadas, en realidade sempre, é mellor mercarmos na nosa contorna e é mellor mercarmos galego.
O BNG presenta na Gaiteira a campaña Mellor local, mellor galego en apoio ao comercio coruñés
Mellor Local, Mellor Galego
Mellor Local, Mellor Galego

É por isto que o BNG espalla estes días polo país adiante a campaña Mellor Local, mellor Galego que o noso voceiro no Concello e candidato á Alcaldía, Francisco Jorquera, presentou no seu barrio, no Castrillón.

Jorquera estivo na libraría Santé na compaña do seu propietario, José Souto, e de Estrella Pérez, presidenta de Asociación de Comerciantes do Castrillón, Eirís e Monelos (ACOCEM).

“É o pequeno comercio o que fai cidade, o que vertebra malla urbana, o que fai comunidade. A súa defensa é un dos peares do noso proxecto de cidade”, afirma Jorquera. 

“Se queremos rúas cheas de vida, rúas tamén seguras, o pequeno comercio é básico. Nesta cidade xa vimos a que conduciu a hipertrofia das grandes superficies comerciais, hoxe a maior parte delas abandonadas. Ese é un modelo do pasado. O presente e o futuro está en diversificar e modernizar o pequeno comercio, nomeadamente aquel vinculado ás producións locais, ao que se produce na nosa contorna. E o Goberno Local ten de ser o seu aliado”, conclúe.

O BNG presenta na Gaiteira a campaña Mellor local, mellor galego en apoio ao comercio coruñés