Comercio de barrio

O Concello da Coruña organiza o Foro de comercio de proximidade, consumo responsable, alimentación e hábitos saudables

O día 18 de novembro no Paraninfo da Universidade da Coruña o Concello, a través da Concellaría e Comercio, Mercados, Consumo e Barrios, vai a desenvolver un Foro centrado en hábitos saudables na alimentación das persoas consumidoras.
O Concello da Coruña organiza o Foro de comercio de proximidade, consumo responsable, alimentación e hábitos saudables

O obxectivo do Foro é promover un encontro de carácter formativo así como de participación e debate, co obxectivo de fomentar os principios que deben presidir o comercio local co fin de garantir os dereitos das persoas consumidoras, ademais analizarase o consumo responsable, así como o dos produtos de proximidade coa finalidade de fomentar hábitos sostibles saudables, e a súa incidencia na calidade de vida das persoas consumidoras.

Contamos coa participación de especialistas e divulgadores/as científicos/as de gran traxectoria profesional que achegarán unha visión ampla sobre o tema, promovendo, así mesmo, o intercambio de experiencias e impresións.

  • Lugar: O Foro desenvolverase no Paraninfo da Universidade da Coruña , na Rúa Maestranza, 9, e pode solicitar  a inscrición no enderezo [email protected]
  • A asistencia é de balde pero precisa inscrición previa.
  • Data: 18.11.2022 de 09:00 a 14:00 h
  • Máis información: Tel.: 981 18 98 20 ou no teléfono de información cidadá 010

 

Comentarios
O Concello da Coruña organiza o Foro de comercio de proximidade, consumo responsable, alimentación e hábitos saudables