Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

Inauguración da iluminación do Memorial de Oza

· O Memorial de Oza homenaxea aos loitadores antifacistas que saíron do porto de Oza nos anos da guerra civil para combatir aos militares sublevados.
Inauguración da iluminación do Memorial de Oza
CONVITE iluminacionOza
CONVITE iluminacionOza

· O mércores 9 de Marzo no Muelle de Oza terá lugar o acto de inauguración da iluminación do Memorial.

Antecedentes

Moitas foran as fugas por mar, que dende  portos como o  de Oza  partiron para incorporarse á loita pola República. E, en especial, a aqueles que, como José Moreno Torres e os homes da lancha “La Libertaria“, eran membros do alto mando do Batallón "Galicia" en Asturias e foron asasinados cando retornaban a Galiza en outubro de 1937.

O Memorial lémbraos neste ano do 85 aniversario do asasinato de José Moreno e catorce milicianos do Batallón Galicia no alto do Acevo (A Fonsagrada)  e os 15 anos da exhumación dos seus corpos pola Asociación da Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).

Aqueles combatentes pola libertade xa teñen na Fonsagrada, un memorial onde morreron, e tamén na cidade da Coruña onde boa parte deles naceron.

A placa leva a seguinte lenda:
Dende este porto sairon homes arreo para loitar pola libertade e contra a dictadura.     
En homenaxe aos que nunca puideron voltar a casa.                
A José Moreno Torres (A Coruña, 1904-O Acevo, 1937) e os combatentes do Batallón "Galicia"
ARMH

Inauguración da iluminación do Memorial de Oza

En homenaxe a José Moreno Torres  e todos os que loitaron por causa xustas

  • Mércores 9 de marzo ás 19.30h
  • Lugar: muelle de Oza
  • Participan: 
    Juan Manuel Diaz Villoslada (concelleiro de Urbanismo Concello da Coruña),
    Olga Mahía, Asociación de Vecinos de Oza Gaiteira Os Castros,
    Carmen G-Rodeja (Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica ARMH)

Organizado polo Concello da Coruña e a ARMH coa colaboración da Asociación  veciñal Oza Gaiteria Os Castros

Inauguración da iluminación do Memorial de Oza