Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental : A febre do wolfram.

Durante a Segunda Guerra Mundial o wolframio revolucionou totalmente a vida dos galegos. 
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental : A febre do wolfram.
A febre do wolfram
A febre do wolfram

O comercio deste mineral con Alemaña converteuno na única fonte de ingresos de moitas familias humildes. Os tanques que invadiron Francia e os avións que bombardearon Inglaterra foron construídos con wolframio galego. Ante isto, os aliados infiltraron axentes en Galicia.

  • 57 min. Produtora(s):  Roberto Castro Guión:  Roberto Castro, Itziar Mozo Fotografía:  Pablo Anllo, F.J. Fernández Lois
  • No Forum Metropolitano, o día 17 de xaneiro   de 2022 ás 19:30.
  • Para acceder á proxección será necesario inscribirse previamente en [email protected]

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • · Usar máscara de forma obrigatoria
  • · Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • · Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.
  • · Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe estar inscripto

- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

  • Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
  • Actuar con responsabilidade.

Comentarios
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental : A febre do wolfram.