Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental BLOOD COLTAN

O coltán, até fai pouco un material prácticamente descoñecido, convertíuse no novo ouro negro do continente africano.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental BLOOD COLTAN
Coltan-1
Coltan-1

O teléfono móbil é unha notable peza de enxeñería. Pero mira dentro. Hai sangue nesta máquina. Os circuítos electrónicos nos dispositivos móbiles laterais non poderían funcionar sen o mineral Coltan. A demanda de  Wests: o Coltan, utilizado en teléfonos móbiles e computadoras, está a financiar as matanzas no  Congo.

Crucial para a fabricación de novas tecnoloxías como telefonía móbil, portátiles e outros dispositivos electrónicos, atópase en importantes cantidades na zona este da República Democrática do Congo e a crecente demanda por parte de Occidente está propiciando matanzas na rexión. Baixo a vixiancia das milicias rebeldes, incluso os nenos extraen este material de forma perigosa nas mina.

BLOOD COLTAN

  • Produce: Patrick Forestier.
  • Ano: 2007
  • Duración: 54 minutos.

No Forum Metropolitano, o día 7 de febreiro   de 2022 ás 19:30.

Para acceder á proxección será necesario inscribirse previamente en [email protected]

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe estar inscripto

Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

  • Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
  • Actuar con responsabilidade.

 

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental BLOOD COLTAN