BNG | nota de prensa

O BNG mantén unha reunión con Unímonos ou Afundimos

A concelleira Avia Veira e a deputada no Parlamento galego Mercedes Queixas mantiveron esta mañá, na oficina do BNG en María Pita, un encontro co colectivo Unímonos ou Afundímonos, unha plataforma de traballadoras e traballadores do sector cultural.
O BNG mantén unha reunión con Unímonos ou Afundimos
Reunión con Afundímonos
Reunión de BNG con Unímonos ou Afundímonos

A Coruña, a 16 de febreiro de 2022.- O BNG comprometeuse con este colectivo a levar as súas demandas, absolutamente razoábeis, ao Pleno do Concello, mais tamén ao Parlamento galego e ao Congreso. Nestes dous últimos casos, en todo o que ten a ver coa situación da Filmoteca de Galiza, o antigo CGAI, aínda pendente do nomeamento dun ou dunha directora, e co impulso da tramitación do Estatuto do Artista. 

"Partillamos con Unímonos ou Afundimos a idea de a situación das e dos traballadores do sector cultural da nosa cidade ser crítica e por iso demandamos unha política moito máis decidida por parte do Goberno Local. A Coruña teno todo para ser a grande capital cultural do país, mais infelizmente carecemos dunha política cultural feita desde o Concello á altura dese potencial", avalía Avia Veira.

Entre as demandas de Unímonos ou Afundímonos, figuran a elaboración dun censo de traballadoras e traballadores da cultura na Coruña, o incremento por parte dos poderes públicos -Concello, Xunta e Estado- da súa programación cultural, a posta en marcha de intercambios con outras cidades ou o establecemento de charlas remuneradas nos centros de ensino para achegar as distintas disciplinas artísticas ás e aos estudantes.

Comentarios
O BNG mantén unha reunión con Unímonos ou Afundimos