BNG | nota de prensa

O BNG reclama a posta en marcha dunha oficina municipal de rehabilitación do Barrio das Flores

Valora positivamente o Plan Director pero considera que é hora de pasar das palabras aos feitos

O BNG reclama a posta en marcha dunha oficina municipal de rehabilitación do Barrio das Flores

A Coruña, a 28 de xuño de 2022. O BNG valora positivamente o proceso participativo desenvolvido arredor do Plan Director do Barrio das Flores, mais considera que a piques de se facer dous anos da licitación do proxecto, xa é hora de que se comece a pasar dos anuncios aos feitos, sendo que polo momento, alén de recoller ideas e propostas, aínda non se destinou nin un só euro a actuacións que poidan mellorar a vida da veciñanza.

Por iso, o BNG reclámalle ao Goberno Local a inmediata posta en marcha dunha Oficina de Rehabilitación Municipal, que poida exercer de centro permanente de recollida de información e propostas sobre as necesidades do Barrio das Flores, e tamén asesorar as comunidades veciñais que precisen información sobre os trámites ou subvencións para rehabilitar os bloques de vivendas ou mellorar a súa eficiencia enerxética, pois actualmente están a acudir ao sector privado para facelo.

A creación desta oficina cumpriría un dobre obxectivo: solucionar a carencia no barrio dun axente de interlocución directa coa institución municipal, e comezar a materializar as propostas e iniciativas que se van sumando ao Plan Director.

O BNG entende que esta oficina municipal debería ubicarse nun dos múltiples locais baleiros do barrio.

De resto, a formación nacionalista considera que o Plan Director vén constatando as principais carencias que levamos anos denunciando: problemas de accesibilidade e barreiras arquitectónicas, a falta de equipamentos sociais e servizos público a pesar da existencia de tantos locais baleiros, a falta de mantemento dos espazos verdes e parques, etc.

O BNG reclama a posta en marcha dunha oficina municipal de rehabilitación do Barrio das Flores