Podemos | nota de prensa

Podemos denuncia ca asignación das colonias felinas é insuficiente para unha correcta xestión

A concelleira Isabel Faraldo reuniuse coa asociación Gatuchinhos para avaliar o programa  nos barrios
Podemos denuncia ca asignación das colonias felinas é insuficiente para unha correcta xestión
  • As asociacións gastan case o doble sobre a aportación realizada polo Concello  
  • Reclaman máis compromiso e implicación do Goberno local nun programa que contribúe  a mellorar o benestar dos animais 

A Coruña. 28 de xuño de 2022. O grupo municipal de Podemos ven de advertir que a  asignación que o Concello da Coruña facilita de xeito anual ás protectoras para a xestión  responsable das colonias felinas é claramente insuficiente, logo dun encontro coa  asociación Gatuchinhos no barrio dos Rosais. 

A entidade trasladou que os custos superan con creces o convenio establecido, tendo a  asociación que cubrir gastos como a incineración dos animais mortos ou calquera  contexto non contemplado, como enfermidades e os medicamentos receitados para  cubrir a saúde dos animais. 

O Concello da Coruña proporá para este 2022 axudas para cada unha das  organizacións colaboradoras, sen comprometerse en serio cun programa que non só  contribúe a mellorar o benestar dos animais e reducir o seu número na cidade dun xeito ético, senón tamén a reforzar a convivencia veciñal ao reducir problemas de suciedade,  pelexas dos propios felinos e os ruidos. 

Unha das circunstancias que non contemplan os convenios actuais é que non existe  maior apoio económico se se detecta un incremento dos animais, o que implica máis  gastos para a esterilización e alimentación dos mesmos sen que María Pita se preocupe  desta alza dos custos. 

Faraldo tamén advertiu a carencia de campañas específicas para dar a coñecer o plan de  xestión responsable, facendo que todavía haxa veciñanza que rexeite o propio programa  ao descoñecer o seu funcionamento e que existan episodios de queixas nalgúns puntos  da cidade. Estas iniciativas de sensibilización poderían contribuir a que non exista  interferencias nas colonias: Comida non autorizada, lixo en espazos verdes e efecto  chamada para outros animais.

Podemos denuncia ca asignación das colonias felinas é insuficiente para unha correcta xestión