Esquerda Unida | nota de prensa

Esquerda Unida da Coruña renova a súa coordinadora local

En verbas da coordinadora local electa, Carmen Armada, o obxectivo é “construír unidade popular, xerando alianzas políticas e sociais cos sindicatos, partidos, axentes sociais e cidadanía organizada”
Esquerda Unida da Coruña renova a súa coordinadora local

A Coruña, 17 de Outubro de 2021. O pasado venres 15 de Outubro, a militancia de Esquerda Unida da Coruña votou á nova Coordinadora Local do partido nesta localidade para o próximo período 2021-2015. Á busca dun equipo plural, foron elixidos por maioría entre os asistentes á asamblea Ángel Cabo Benedeti, Berta Vigil, Noah Cerveira, Aurora Paz e Alberto Vilariño, que comparten directiva con Carmen Armada, que mantense como representante e coordinadora local da organización na cidade.

Este novo órgano chega coa intención de ser un órgano dinamizador do traballo militante, máis que unha dirección ao uso. En verbas da Coordinadora local electa, Carmen Armada, “Unha militancia que amosou sempre que o orgullo da pertenza a esta organización estaba por riba de todos os ruidos; unha militancia xenerosa e comprometida”.

Esquerda Unida da Coruña apostará pola unidade popular contra os embates do neoliberalismo e do crecente fascismo no país. Sen ataduras políticas nin calendarios electorais inmediatos, abrimos esta nova etapa co obxectivo de impulsar a actividade política e orgánica da organización dende abaixo, marcando presenza nas rúas e nos barrios, tecendo redes nos movementos sociais e conflitos laborais, ”construíndo unidade popular na Coruña, xerando alianzas políticas e sociais cos sindicatos, partidos, axentes sociais e cidadania organizada” segundo Carmen Armada, incentivando unha identidade de clase para un futuro socialista.

Esquerda Unida da Coruña renova a súa coordinadora local