magosto

Magosto en Labañou o vindeiro venres 28 de outubro

O próximo venres 28/10 a praza da Tolerancia será a sede do Magosto ao que poderán achegarse os veciños e as veciñas de Labañou, San Roque, Cidade Escolar, os Rosais e arredores.
Magosto en Labañou o vindeiro venres 28 de outubro
Cartel magosto
Cartel magosto

Dende as 18:30hs haberá castañas de balde para todo o mundo. Ademáis, chocolate quente para nenos e nenas, que poderán divertirse co espectaculo de maxia do mago Charlangas e despois participar da Procesión Infantil do Samaín. Ao son das gaitas, percorrerán a avenida de Gran Canaria mostrando á veciñanza as súas cabazas e terroríficos disfraces. 

A xornada rematará coa música tradicional de Airiños da Freba, a partir das 21:00hs.

A Asociación Veciñal Francisco Rodríguez Otero e a ANPA do CEIP de Prácticas convocan ás xentes do bairro a atoparse e participar das festas populares. Se chove, as actividades trasladaranse ao Patio do CEIP de Prácticas (Paseo de Ronda, 47).

  • 18:30 Maxia: Charlangas
  • 19:30 Procesión infantil de Samaín (se queredes, podedes lucir os vosos disfraces e cabazas!)
  • 21:00 Concerto: Airiños da Freba
  • Castañas de balde para toda a veciñanza e chocolate quente para as crianzas.

 

Magosto en Labañou o vindeiro venres 28 de outubro