Marea Atlántica | nota de prensa

A Marea Atlántica trasládalle o seu apoio ás mobilizacións das traballadoras ante o ERE encuberto nos servizos de benestar da Xunta

O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar está a realizar un “proceso selectivo” que oculta despedimentos e desmantela os equipos de traballo, afectando as escolas infantís Galiña Azul, centros de día e residencias de persoas maiores 

 

A Marea Atlántica trasládalle o seu apoio ás mobilizacións das traballadoras ante o ERE encuberto nos servizos de benestar da Xunta
20221005_SGR_trab_consorcio_Z7F1204
20221005_SGR_trab_consorcio_Z7F1204

A concelleira da Marea Atlántica Silvia Cameán, mantivo unha xuntanza con representantes sindicais do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para apoiar as súas mobilizacións e as xornadas de folga das últimas semanas e trasladarlles todo o noso apoio fronte ao ERE encuberto que está a efectuar a Xunta de Galicia. Hoxe mesmo, na Coruña, tivo lugar unha concentración diante da delegación do goberno galego. 

Están a denunciar que o proceso selectivo aberto desde a Xunta de Galicia non busca a estabilización do persoal, senón reducir custos laborais a custa de desmantelar os equipos de traballo, “unha decisión nefasta que afectará á calidade do servizo nas escolas infantís da Galiña Azul, nos centros de día, residencias de maiores, entre outras”, afirma Cameán. 

Neste sentido, pedímoslle á Xunta de Galicia que se sente a negociar en lugar de sabotear o dereito á folga cun propostas abusivas de servizos mínimos, e garanta a calidade do emprego e a estabilidade na súa área de benestar. Na súa liña actual, o único que fai é deteriorar os servizos públicos e prexudicar a toda a cidadanía. 

Comentarios
A Marea Atlántica trasládalle o seu apoio ás mobilizacións das traballadoras ante o ERE encuberto nos servizos de benestar da Xunta