entidades sociais

Xan Xove esixe ao goberno local que se resolvan no pleno de abril os convenios pendentes coas entidades sociais

O candidato da Marea Atlántica, Xan Xove, visitou esta mañá a sede da Federación Galega de Enfermidades Raras (Fegerec) para coñecer o seu labor e escoitar as súas necesidades.
Xan Xove esixe ao goberno local que se resolvan no pleno de abril os convenios pendentes coas entidades sociais
Xan Xove no Fegerec
Xan Xove no Fegerec

Durante a súa visita, Xan Xove instou ao goberno local a resolver no pleno de abril os convenios pendentes coas entidades sociais, veciñais e culturais da Coruña, que en moitos casos dependen dese financiamento para manter a súa actividade e levan meses na incerteza.

O candidato lamentou que, a estas alturas do ano, non se coñeza sequera o proxecto de Inés Rey para os orzamentos deste ano, “a pesar de que presentalo é a súa obriga legal”. E sinalou que “se este goberno non é quen de elaborar uns presupostos, polo menos podería aprobar un modificativo de crédito para garantir os convenios coas entidades sociais, veciñais, sanitarias, culturais e deportivas da Coruña".

Xove lembrou que renovar o apoio ás entidades sociais é un trámite e esixe que se leve ao vindeiro pleno. “Debería ser o mínimo para recoñecer o traballo de entidades como Fegerec, que chegan alí onde non están a chegar as administracións públicas”. Podería terse aprobado xa en decembro, cos votos da Marea Atlántica, pero o goberno de Inés Rey escolleu non facer disto unha prioridade política.

Fegerec é unha organización que traballa en prol da axuda ás persoas que padecen enfermidades raras, as cales son aquelas cunha moi baixa prevalencia, o que dificulta o seu tratamento e investigación. En Galicia hai catalogadas unhas 7.000 enfermidades raras, que afectan a preto de 20.000 persoas, e Fegerec traballa para axudalas desde a asistencia sociosanitaria, a rehabilitación e o apoio a doentes e ás súas familias.

Xan Xove cre que o traballo de Fegerec merece todo o recoñecemento e esixe ao goberno local que tome medidas para garantir a continuidade das axudas a todas as entidades sociais, veciñais, sanitarias, culturais e deportivas da Coruña que dependen delas para manter a súa actividade. É hora de poñer as persoas no centro da política e demostrar que se está ao lado daqueles que máis necesitan a axuda da administración pública.

Xan Xove esixe ao goberno local que se resolvan no pleno de abril os convenios pendentes coas entidades sociais