Enerxías renovables

Xan Xove reclama a publicación do Mapa das Enerxías Renovables

O candidato da Marea Atlántica á Alcaldía da Coruña, Xan Xove, urxiu ao goberno municipal a publicar o Mapa das Enerxías Renovables, un documento que identifica a capacidade da cidade para producir enerxía limpa e que é esencial para a futura política enerxética do Concello. O Mapa das Renovables xa foi redactado hai un ano e forma parte dos acordos asinados entre o PSOE e a Marea Atlántica en 2020.
Xan Xove reclama a publicación do Mapa das Enerxías Renovables
Xan Xove e María García no EDAR de Bens
Xan Xove e María García no EDAR de Bens

Xove comprométese a impulsar proxectos como a creación dunha empresa municipal de enerxía, o autoconsumo e as comunidades enerxéticas, que son decisivos para reducir a dependencia do Concello das grandes empresas. O obxectivo é desenvolver unha política enerxética propia que permita a cidade xerar a súa propia enerxía de forma sustentable.

Segundo explicou Xove, o Mapa das Renovables permitiría identificar os lugares nos que se poderían instalar equipos de xeración de enerxía renovable, como paneis solares e minieólicas, e estudar outras fontes como a hidráulica ou a produción de biogás. A voceira municipal da Marea Atlántica, María García, engadiu que a publicación do Mapa das Renovables é fundamental para que o Concello xere a súa propia enerxía, con baixo impacto ambiental e alta rendibilidade social.

Lamentablemente, os acordos que o PSOE asinou coa Marea Atlántica en materia de política enerxética van demasiado lentos. A empresa municipal de enerxía leva máis dun ano atascada en fase de estudo, o plan de emprego e formación relacionado coas enerxías renovables non empezou, non se constituíu a Oficina da Enerxía e tampouco se puxeron en marcha iniciativas piloto para producir enerxía renovable.

Os recentes incendios forestais son unha evidencia máis de que a emerxencia climática xa está aquí, polo que é necesario acelerar as políticas municipais cara unha transición enerxética ambiciosa. A Marea Atlántica ten claro o modelo a seguir, como a EDAR Bens coa súa produción de biogás a partir de residuos, posta en marcha en 2016. Pero o goberno de Inés Rey non ten a política enerxética entre as súas prioridades. Terá que ser a Marea Atlántica, cando volva ao goberno este 28 de maio, á que desenvolva estes proxectos, tal e como se comprometeu Xan Xove nunha recente visita á EDAR.

Para que A Coruña se transforme nunha cidade sostible, é fundamental que o goberno municipal faga efectivos os acordos asinados con Marea Atlántica en materia de enerxías renovables e impulsar os proxectos necesarios para avanzar na soberanía enerxética da cidade. A publicación do Mapa das Renovables é un primeiro paso importante para alcanzar este obxectivo.

Xan Xove reclama a publicación do Mapa das Enerxías Renovables