Memoria Histórica

O grupo de barrio do BNG de Monte Alto rende homenaxe ao crego das Encrobas Moncho Valcarce

Será este sábado 28, ás 12.00 h no cemiterio de Santo Amaro e contará coa presenza de Xosé Luis Rivas “Mini”, parlamentario do BNG no Hórreo

O grupo de barrio do BNG de Monte Alto rende homenaxe ao crego das Encrobas Moncho Valcarce
homenaxe_moncho_2017
homenaxe_moncho_2017

O grupo de barrio do BNG de Monte Alto homenaxeará, como cada ano, a Moncho Valcarce, coñecido como o crego das Encrobas, este sábado ás 12.00 h no cemiterio de Santo Amaro e contará co representante do BNG no Parlamento de Galiza, Xosé Luis Rivas “Mini”.

As nacionalistas convidan a veciñanza da Coruña a participar desta homenaxe ao crego que sempre apoiou as clases populares e a lembrar a súa loita nas Encrobas na parroquia de Cerceda, a causa en Xove, nas Enchousas e en Baldaio.

O BNG destaca, do mesmo xeito, o seu salientábel labor en rexeitamento á cota empresarial polo que foi obxecto de malos tratos, detencións, sancións e mesmo da marxinación eclesiástica.

Así, o grupo de barrio do BNG de Monte Alto apunta a necesidade de dotármonos de referentes que sempre tiveron clara a defensa do noso pobo e das persoas humildes e traballadoras, e que apostaron decididamente polas clases populares, significase o que significase, coma neste caso, a cadea, a persecución e o exilio. “Moncho Valcarce é un deses imprescindíbeis e o seu exemplo segue a ter a mesma vixencia e segue a ser necesario hoxe en día”, conclúen as nacionalistas.

Comentarios
O grupo de barrio do BNG de Monte Alto rende homenaxe ao crego das Encrobas Moncho Valcarce