FIOT 31 Carballo

O 31º Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo comeza este venres 30 de setembro

O mercado municipal acollerá a celebración da Gala Homenaxe a Pedro Brandariz, cuxa recadación  se destinará a un proxecto moi querido polo cómico: Pallasos en Rebeldía 

O 31º Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo comeza este venres 30 de setembro
Ilustración de XABI LOPEZ
Ilustración de XABI LOPEZ
  • Alberte Montes, Marta Doviro, Blues do País, Marta Iglesias, Tito Rober e Vicente Mohedano,  protagonistas da primeira fin de semana da Rúa dos Contos, que este ano regresa aos locais de  hostalería de Carballo 
  • O FIOT31 ofrece esta fin de semana catro funcións dirixidas á rapazada, entre as que se atopan as  estreas absolutas de ‘Os contos de William Shakespeare’ e ‘Wombo Combo’, ademais do  espectáculo de malabares ‘Poi’ e da Gala NOGA de narración oral para público familiar  

Carballo, 29 de setembro de 2022.- O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) inicia mañá  a súa 31ª edición, que se estenderá até o 31 de outubro. A primeira fin de semana de programación estará  marcada polo protagonismo absoluto da narración oral galega co inicio da XXIII edición do ciclo Rúa dos  Contos, que este ano regresa rende homenaxe ao cómico Pedro Brandariz; e que na súa primeira fin de  semana contará con Alberte Montes, Marta Doviro, Blues do País, Marta Iglesias, Tito Rober e Vicente  Mohedano, unha peza que contará con intérprete de lingua de signos.  

En total, o FIOT31 programará para esta fin de semana once espectáculos, dos cales catro estarán dirixidos  a público infantil e familiar. Dúas son as estras absolutas de ‘Os contos de William Shakespeare’, de Pedras  de Cartón, e ‘Wombo Combo’, de Galeatro; pero a cativada tamén poderá gozar cos malabares de ‘Poi’, que  inaugura o ciclo Teatro de Rúa, e a Gala NOGA de narración oral para público familiar que acollerá o mercado  municipal na mañá do día 2 e cuxa entrada será libre ata completar a capacidade do recinto. Precisamente o  día anterior, o sábado 1, o Pazo da Cultura acollerá a celebración dunha xornada profesional do Colectivo  NOGA, que celebrará a súa Asemblea Constituínte.  

Pola noite do mesmo sábado, o mercado municipal será o recinto no que se celebre Gala Homenaxe a Pedro  Brandariz, cómico moi querido polo público do FIOT e a quen Rúa dos Contos lle rende tributo no ano do seu  pasamento. Isabel Risco e Fran Rei presentarán esta gala, que contará coas actuacións e intervencións de  Izquierdo Sisters, Víctor Grande, Javi Sega, Caxoto, As fillas de Portaberta, Pablo Díaz, Se masca la  Comedia e Diana Sieira. A recadación do evento destinarase ao proxecto Pallasos en Rebeldía.  

Finalmente, o domingo 2 pola tarde, e logo da estrea de ‘Wombo Combo’, o Pazo da Cultura acollerá ás  19.30 horas a inauguración da exposición Zoom FIOT 2021, que recolle cada ano, a través de fotografías,  a actividade menos visible para o público do festival. Esther Chamoso, Fernando Nieto, José Antonio Andrade,  José Luis Castro, María Barca e Melina Regueira asinan as fotos que se mostrarán no andar O do Pazo, e que  foron tomadas durante a pasada edición do FIOT. 

Axenda FIOT | 30 de setembro - 2 de outubro
 

Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo 2022 

Venres 30 de setembro 

18.00 h na Biblioteca Rego da Balsa 
Fiotiño | ‘Os contos de William Shakespeare’, de Pedras de Cartón (ESTREA ABSOLUTA) 

19.30 h na Praza do Concello 
Teatro de Rúa | ‘Poi’, de Compañía D’es Tro 

21.00 h no Castino 1889 
Rúa dos Contos | ‘Patrón’, de Alberte Montes (ESTREA ABSOLUTA) 

23.00 horas, no Mesón do Pulpo 
Rúa dos Contos | ‘Memorias dunha rapasa da costa’, de Marta Doviro Sábado 1 de outubro 

11.00 horas, Pazo da Cultura
Xornadas profesionais: Asemblea Constitución NOGA  

21.00h no Mercado municipal 
Rúa dos Contos | Gala Homenaxe a Pedro Brandariz 

23.30 horas en O Patacón 
Rúa dos Contos | Blues do País  

Domingo 2 de outubro 

12.30 horas no mercado municipal 
Gala NOGA de narración oral para público familiar 

17.30 horas na Residencia de maiores de Carballo 
Rúa dos Contos | ‘3…2…1… Impro! (versión reducida)’, de Marta Iglesias  

18.00 horas no Pazo da Cultura 
‘Wombo Combo’, de Galeatro e FIOT (ESTREA ABSOLUTA)  

19.30 horas no Pazo da Cultura 
Exposición | Inauguración ZOOM Fiot 2021  

20.00 horas na Cafetería Valle-Inclán 
Rúa dos Contos | ‘3…2…1… Impro!’, de Marta Iglesias e Tito Rober  

22.00 horas no Casino 1889 
Rúa dos Contos | ‘Habito Terra’, de Vicente Mohedano 

Con intérprete de lingua de signos 

 

Comentarios
O 31º Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo comeza este venres 30 de setembro