Dende o 16 ata o 30 de setembro no Ágora

Con A de Astrónomas,

AXENDA CULTURAL

Con A de Astrónomas,
Con A
Con A

CANDO:

 Dende o 16/09/2017 ata o 30/09/2017 no Centro Ágora

HORARIO:

Lunes a viernes de 08.00 h a 21.00 h 

Sábado de 09.00 h a 14.00 h y de 16.00 h. a 21.00 h

ENDEREZO:

Centro ÁgoraLugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Esta é una historia que empeza hai miles de anos, quizais centos de miles. Cando as nosas antepasadas, con "a", miraron ao ceo e se preguntaron polo que había nel. É seguro que, xa entón, as mulleres mediron o tempo observando a Lúa e o Sol.

Miles de anos despois, outras mulleres dirixiron a súa mirada ao Cosmos e converteron na súa profesión investigar os seus misterios. Esas  son as astrónomas, tamén con A. Foron moitas, moitísimas. En todas as épocas da historia houbo astrónomas. Todas elas, co seu esforzo e dedicación, fixeron avanzar a ciencia.Algunhas realizaron achados transcendentais. Esta exposición mostra algunhas das súas contribucións.

Esta historia tamén fala doutro A, a de astronomía, claro. Resoan ademais moitos outros ASAde avanzar, A de arela, A de afouteza, A de alegría, A de análise. De aprendizaxe. Pero tamén de algo de amargura, porque as mulleres tiveron que enfrontarse sempre a moitos obstáculos para desenvolveren o seu coñecemento.

Con A de Astrónomas,