A curta colaborativa “A cara oculta da lúa” estréase hoxe

Un grupo de mozas coordinadas por Pestudio publican unha curtametraxe na que se plasma a evolución do pensamento feminista e os cambios na reivindicación da igualdade

 

A curta colaborativa “A cara oculta da lúa” estréase hoxe
A cara oculta da lúa
A cara oculta da lúa

Tras semanas de traballo, “A cara oculta da lúa” verá a luz este xoves ás 10 horas na canle de youtube de Pestudio. A participación e cooperación dun grupo de mozas de diferentes idades permitiron a elaboración dun proxecto que pretende poñer de manifesto a evolución do pensamento femenista. Este proxecto foi posible grazas á colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e ó seu programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude.

A curta mestura a praxe xornalística coa ficción. As mozas responden diante da cámara a unha serie de preguntas provocadoras que buscan activar o seu subsconsciente e expresar o que sinten e pensan con respecto a conductas machistas instaladas nos imaxinarios colectivos da sociedade. Durante os sete minutos de duración prodúcese unha conversa entre as mulleres do pasado (representadas pola figura dunha meiga) e as mulleres actuais. Os cambios na sociedade e o progreso en materia de igualdade continúan a producirse grazas a loita de mulleres comprometidas. Deste xeito, este proxecto ten como obxectivo estimular ese compromiso e concienciar da importancia de seguir avanzando.

A presentación do filme comezará cunha conversa entre as mozas participantes e  a coordinadora da producción e grabación do vídeo, así como presidenta de Pestudio, Isabel García. Posteriormente será o turno da proxección da curtametraxe para os medios de comunicación presentes para rematar cun pequeno coloquio entre os presentes. 

Comentarios
A curta colaborativa “A cara oculta da lúa” estréase hoxe