Cultura

A artista multidisciplinar Chelo Facal expón en Alexandre Bóveda

Este venres ás 19 H ábrese a exposición da artista coruñesa Chelo Facal na Asociación Cultural Alexandre Bóveda.

A artista multidisciplinar Chelo Facal expón en Alexandre Bóveda
Chelo Facal
Chelo Facal

Esta exposición a artista baséaa nun proceso de “transferencias” onde logra nos seus cadros un efecto particular. Así define a asociación Alexandre Bóveda á artista e á súa obra: “A artista multidisciplinar Chelo Facal, comeza a amosar as súas obras a finais dos 80. Na pintura, fundamentalmente figurativa, a figura adoita ser só unha desculpa para unha posterior distribución da cor con intención de provocar emocións e sensacións de alegría, lixeireza, beleza...a beleza que sempre nos acompaña. Utilizando para conseguilo, óleo, acrílico, tempera, acuarela, transferencias, materiais cos que conseguir texturas”.

Para poder asistir a exposición é necesario inscribirse en:

https://www.acalexandreboveda.gal/events/inauguracion-da-exposicion-nos/

A artista multidisciplinar Chelo Facal expón en Alexandre Bóveda