Cultura

Galicia Molona regresa con 2 concertos en A Coruña e fai un chamamento ás melómanas da cidade

A Asociación Cultural Galicia Molona retoma a actividade o vindeiro 19 de novembro, con 2 concertos na Sala Filomatic.
Galicia Molona regresa con 2 concertos en A Coruña e fai un chamamento ás melómanas da cidade
galicia molona 1-02
galicia molona 1-02

Desta maneira regresa un dos colectivos que máis aposta pola esfera emerxente galega. 

A Coruña. 1 de novembro do 2021. A Asociación Cultural Musical Galicia Molona retoma a súa actividade nas salas de A Coruña o vindeiro 19 de novembro, con 2 concertos na Sala Filomatic. Entre as 22:00 e as 00:15 horas todas aquelas persoas que o desexen poderán desfrutar das bandas herculinas Wetsocks e Candy's Freckles por tan só 8€. Música rock e folk psicodélico. 

Desta maneira Galicia Molona confirma que segue apostando polas bandas emerxentes, consolidándose así como unha proposta fresca e diferente dentro do panorama cultural e musical galego. 

Con esta volta á programación tamén lanzan un chamamento ás melómanas e melómanos de A Coruña, solicitando o seu apoio; asistindo a estes concertos que promoven o talento emerxente, tan esencial nun contexto como o actual no que o mainstream e a música máis comercial acaparan todos os focos; e tamén, se así o desexan, facéndose socias e socios desta entidade sen ánimo de lucro. 

Por último, subliñar que para obter máis información sobre os eventos que organizarán nos próximos meses, ou para contactar coa asociación, podedes acceder ao seu sitio web: www.galiciamolona.com.

- Outras ligazóns: 

Comentarios
Galicia Molona regresa con 2 concertos en A Coruña e fai un chamamento ás melómanas da cidade