A ONGD Viraventos organiza grupos interculturais de conversación en inglés

A ONGD Viraventos organiza grupos interculturais de conversación en inglés

Fuente: Viraventos

Organizamos grupos interculturais de conversación en inglés na temporada de verán. As nosas monitoras procedentes doutros países dominan o inglés á perfección, polo que é un bo método para recuperar ou practicar esa “lingua universal” nun ambiente de riqueza e diversidade cultural.

A ONGD Viraventos organiza grupos interculturais de conversación en inglés
Viraventos_logos-web
Viraventos_logos-web

O espazo de conversa intercultural realizarase un día á semana cunha duración aproximada dunha hora e media. As sesións comezarán unha vez haxa un mínimo de 10 persoas inscritas.

Contarase cun servizo de conciliación no espazo da Xogoteca da entidade por se ves cos/as teus fillos/as.

Se che interesa, chámanos ou escríbenos canto antes (aberta proposta de horarios e preferencia de días). Unha vez teñamos formado o grupo contactaremos cas persoas interesadas para realizar a inscrición.

Inscrición: Presencialmente na entidade. Custo: 20 euros mensuais.

Máis info en: R/ Mosteiro de Caaveiro, nº 4, baixo. Teléfono de contacto: 881 889 460. Mail: [email protected]

Comentarios
A ONGD Viraventos organiza grupos interculturais de conversación en inglés