Sector textil galego
Proxección do documental FÍOS FÓRA e coloquio
O vindeiro sábado 21 de xaneiro ás 20h, o centro social A Comuna proxectará o documental "Fíos Fora" que trata o tema da explotación laboral no eido do sector textil galego
18 ene. 2017
"Fíos fóra" trata o tema da explotación laboral no eido do sector textil galego a través dunha serie de entrevistas con traballadoras e responsables; para o coloquio contarán cunha compañeira que traballou nunha subcontrata de Inditex e que tamén poderá aportar a súa experiencia sobre como son as condicións de traballo nesta industria.