Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

Actuación do Duo Vaguedades

Actuación do Duo Vaguedades o xoves 9 de decembro ás 20:30 no Forum Metropolitano
Actuación do Duo Vaguedades
CartazDuoVaguedades-1
CartazDuoVaguedades

DÚO VAGUEDADES

Sabemos que Rosalía de Castro e Eduardo Pondal son poetas fundamentais do Rexurdimento,mais pouca xente sabe que, a mediados do século XIX, formaron o Dúo Vaguedades, que acadou grande éxito nas festas, foliadas e romarías do país e que está considerada a primeira banda techno da historia. Asemade, na obra deste dúo tamén teñen cabida outros ritmos, e podemos distinguir doadamente aires latinos, melodías pop e fusións con rap, hip hop, trap e mesmo reggaetón. Até hoxe, non existían rexistros desta actividade paralela de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, mais o achado dunhas gravacións inéditas no soto do Museo do Pobo Galego sacan por fin á luzeste fito imprescindible da nosa cultura.
Isabel Risco e Fran Rei preséntannos, ademais de divertidas cancións, unha sorte de compendio sobre a galeguidade, con aloucados diálogos cómicos sobre a retranca, a universalidade da nosa lingua, como ligar en galego ou, mesmo, a importancia dos ferrados e os marcos. O Dúo Vaguedades é humor e música para reivindicármonos.

Comentarios
Actuación do Duo Vaguedades