Memoria Celanova | Nota de prensa

Coloquio sobre Luís Soto este sábado en Vilanova dos Infantes

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova organiza o coloquio Luís Soto, político, arredor da figura do mestre e xornalista veciño de Vilanova dos Infantes que se converteu nun dos principais actores políticos do exilio mexicano, fundador do Padroado da Cultura Galega en México e da revista Vieiros, dirixente comunista e galeguista.

Coloquio sobre Luís Soto este sábado en Vilanova dos Infantes
Luís Soto con Virginia Pereira e Castelao
Luís Soto con Virginia Pereira e Castelao

No coloquio participarán a presidenta do Comité, Celia Inés Feijoo Soto, sobriña de Luís Soto, e o historiador Xurxo Martínez González, autor de Luís Soto: a xeira pola unidade galega.

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova homenaxe con este ano a Luís Soto no corenta aniversario do seu pasamento en México, o 12 de novembro de 1981.

COLOQUIO LUÍS SOTO, POLÍTICO.

  • Lugar: Teleclub. Vilanova dos Infantes
  • Hora: 11.30. Sábado 13 de novembro
  • Necesario anotarse no correo do Comité: [email protected]

 

Comentarios
Coloquio sobre Luís Soto este sábado en Vilanova dos Infantes