Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

Foliada dás científicas Galegas na biblioteca do Forum na Coruña

O 11 de febreiro, con motivo do día de “A Muller e A Nena na Ciencia” o programa de radio “A Ciencia é Feminino” de CuacFM realizarase na biblioteca do Forum Metropolitano da Coruña.
Foliada dás científicas Galegas na biblioteca do Forum na Coruña
Foliada na Ciencia
Foliada na Ciencia

Máis dunha decena de científicas, enxeñeiras, químicas, biólogas, médicas, farmacéuticas, informáticas e matemáticas serán entrevistadas para o programa para mostrar a nenas e nenos en que consiste o seu traballo diario e servir de inspiración para as futuras xeracións.

Desde as 16.00 horas todos aqueles que queiran presenciar como se fai o programa poden achegarse á biblioteca do Fórum. O Programa terminará ás 18.00 horas pero aínda quedarán moitas das científicas para responder as preguntas que se xeren entre as e os asistentes .

Na biblioteca, a súa directora, Mery Conchado Mery, que lle gustaría facer unha pequena intervención no programa para falar dunha sección de ciencia que temos na biblioteca e tamén relacionado co día en cuestión. . Tamén a enxeñeira de fluídos Acacia Naves mostraranos como calcular a profundidade dun pozo mediante o son.

Vanesa Valdeiglesias e Branca Laffon contarannos sobre nanotecnoloxía e falarannos sobre os principais contaminantes aos que estamos expostos.

Cristina Naya xogará coa lóxica e os números e ensinaranos como as matemáticas poden ser moi divertidas

Tamén Andrea Fernández, experta en educación, falará de motivación e de vocacións

Como en toda “ foliada” haberá música en directo na que participará algun compoñentes do grupo Xebre da AAVV Oza- Gaiteira-Os Castros e a pandereteira e científica Lara Crespo. A actividade é aberta ao público coas limitacións que esixen as normas COVID-19.

Foliada dás científicas Galegas na biblioteca do Forum na Coruña