CGT | nota de prensa

Mobilizacións e charlas contra a reforma laboral

A CGT de Galicia, baixo o lema Fart@s de reformas laborais, Xustiza Social Xa!, convoca o próximo día 17 de febreiro diversas concentracións e manifestacións en localidades de toda Galicia. No caso da Coruña, farase unha concentración na praza das Conchiñas ás 19:00 horas.

Mobilizacións e charlas contra a reforma laboral
Reforma laboral
Reforma laboral

Previamente faranse diversas charlas informativas na que se explicará a posición contraria da CGT sobre esta reforma laboral e os motivos desta posición. Concretamente, no local da Coruña farase a charla informativa o luns, día 7 de febreiro, ás 19:00 horas.

Para a CGT a reforma non modifica a situación da clase obreira, que seguirá sometida á explotación e ao sometemento á cobiza empresarial e só cunha lexislación que recolla xustiza social poderá facer da vida dxs traballadorxs unha vida digna.

Mobilizacións e charlas contra a reforma laboral