Memoria histórica

Os restos do franquismo na Deputación da Coruña (37)

Despois de 13 anos da aprobación da Lei de Memoria Histórica, todo parece indicar que acabar cos restos do franquismo ten difícil solución.

Os restos do franquismo na Deputación da Coruña (37)
1024px-Mr._Manuel_Fraga_Iribarne_(Spaanse_minister),_Bestanddeelnr_914-8477_(cropped)
1024px-Mr._Manuel_Fraga_Iribarne_(Spaanse_minister),_Bestanddeelnr_914-8477_(cropped)

Para resolver estes 37 problemas, o artigo dá algunha pista para atopar a solución a cada un dos 37 problemas. Poño catro exemplos:

1. No salón de plenos da Deputación da Coruña (goberno PSOE-BNG).están os retratos de sete presidentes da deputación na ditadura.
O goberno da Deputación de Lugo (PSOE-BNG) retira do salón de plenos os retratos dos presidentes da deputación na ditadura en agosto de 2020.

2. Enrique Cánovas Lacruz é Fillo Adoptivo da provinca da Coruña
A Coruña (goberno PSOE-BNG) xa retirou esa distinción a este xeneral golpista en marzo de 2010.

3. José Antonio Girón de Velasco é Fillo Adoptivo da provincia, sendo presidente da deputación Valentín González Formoso.
O mesmo Valentín, sendo alcaldde de As Pontes en xaneiro de 2009, retiraba a Medalla de Prata e este falanxista e ministro de Franco.

4. Manuel Fraga é Fillo Adoptivo da provincia cando era ministro da ditadura.
O PSOE, Ferrol en Común e BNG retiraban a Fraga en Ferrol esa mesma distinción en abril de 2019. En Cedeira (alcaldía do PSOE con maioría abasoluta) retiraban, a proposta do BNG, unha avenida en marzo de 2020 e a distinción de Fillo Adoptivo en outubro de 2020.

Espero que sexa útil e nun mes acabemos con esta vergoña.

Comentarios
Os restos do franquismo na Deputación da Coruña (37)