Domingo 15 de Outubro, ás 12:30h, no Obelisco da Coruña

A Marea Branca, contra o desmantelamento do sistema sanitario público

Un domingo mais vaoltamos á rúa para denunciar a precariedade e o desmantelamento que está a sufrir o noso sistema sanitario público. Este més as concentracións serán o domingo 15 na Praza do Obelisco na Coruña, e o sábado 21 na Praza da Peregrina de Pontevedra, as dúas ás 12:30 horas.

A Marea Branca, contra o desmantelamento do sistema sanitario público
A3MareaBlancaCoruñaPontevedraFinal_450
Cartaz de convocatoria da 29ª Marea Branca

Pasou o verán e as camas dos nosos hospitais seguen pechadas. Ultimamente estamos asistindo a unha forte presión da patronal dos hospitais privados, que seguen coa súa campaña en defensa, din eles, dunha sanidade privada “denigrada”.

Tras as propostas da Fundación IDIS e a Patronal ASPE, este mes nos encontramos con que a CEOE xuntou a 12 grandes organizacións en defensa da sanidade privada: a asociación ASPE; a  Fundación IDIS; o grupo Ribera Salud; a Federación Española de empresas de Tecnología Sanitaria (Fenin); a Federación Empresarial de Farmacéuticos Españoles (FEFE); a Fundación Economía y Salud; a Alianza General de Pacientes (AGP); a Federación Empresarial de la Dependencia (FED); a Organización Médica Colegial (OMC); e a Fundación Edad&Vida.

Asociacións e movementos todos eles dirixidos a fortalecer a mal chamada colaboración público-privada, é dicir a privatización do sistema sanitario público, para convertelo nun negocio con graves consecuencias para unha atención de calidade.

E o sistema sanitario público non se vai afundir, hai orzamentos suficientes, só é necesaria unha boa xestión e ganas de sacalo adiante. Temos un dos sistemas sanitarios mais baratos e eficientes do mundo. Din que a sanidade privada “esta denigrada”. Pois algunha culpa terán eles. Os hospitais son deles, a xestión é deles e o persoal e os medios tamén os contratan eles.

Se este é o resultado da súa xestión, nin por asomo queremos que a apliquen á sanidade pública porque xa sabemos o resultado: os estudios reflexan unha maior mortaldade. Temos que evitar por tódolos medios posibles que o sector privado siga penetrando no noso sistema público porque doutro xeito o “pagaremos” caro. 

Só unha sanidade 100% pública pode garantir unha atencion digna e de calidade, universal e sen repagos nin copagos, porque xa a estamos a pagar.  No lado positivo, e como exemplo dunha loita eficaz en defensa da sanidade pública, temos que destacar esta semana a labor das compañeiras da Marea Branca de Pontevedra, as compañeiras de Prosagal. Mantiveron concentracións diante do hospital de Pontevedra para esixir á xerencia a apertura das camas pechadas. Tras estas mobilizacións finalmente abriranse as plantas.  Parabens Prosgal!!! 

A Marea Branca, contra o desmantelamento do sistema sanitario público