Tras unha multitudinaria inauguración coa Flashmob pola Diversidade, comeza o 9º DiversidArte Festival dás Artes Inclusivas do 11 ao 15 de xuño

Tras unha vibrante celebración pola diversidade o pasado venres 7 de xuño, arrinca a programación do 9º DiversidArte Festival dás Artes Inclusivas este mércores 12 de xuño, estendéndose ata o sábado 15 de xuño.
Tras unha multitudinaria inauguración coa Flashmob pola Diversidade, comeza o 9º DiversidArte Festival dás Artes Inclusivas do 11 ao 15 de xuño
Imagen de WhatsApp 2024-06-10 a las 11.32.09_b8cfcc32
Presentación de DiversidArte 2024 no Concello da Coruña

A Coruña, 10 de xuño.- A Concelleira de Turismo do Concello da Coruña, Diana Cabanas, xunto á Deputada Provincial Avia Veira e a Directora de Proxectos da Asociación Poten100mos, Cristina da Puente, presentaron o pasado venres no Salón Real de María Pita a programación do 9º DiversidArte Festival 2024, que levará a cabo en distintos barrios da cidade. A presentación contou cunha actuación artística de freestyle inclusivo por Galos do Norte.

Este festival, organizado pola Asociación Poten100mos, realízase grazas ao financiamento do Concello da Coruña, Área de Cultura da Deputación da Coruña e Fundación “A Caixa”. Desde 2016, este evento apoiou a máis de 700 artistas en situación de vulnerabilidade, estendendo o seu impacto por toda Galicia.

Flashmob Diversidarte 2024
Flashmob Diversidarte 2024

A inauguración do pasado venres 7 de xuño incluíu unha flashmob pola diversidade na Mariña, en colaboración coa Escola de Danza Cousa de Meigas, reunindo por centos de persoas de diversos colectivos e entidades sociais de Coruña nunha celebración da diversidade e a inclusión social.

O Bus DiversidArte levará a festa e o espírito do festival a distintos barrios da cidade o venres 14 e o sábado 15 de xuño, ofrecendo unha variedade de actuacións que inclúen contacontos, música, cabaret, danza africana, danza acrobática e freestyle. 

O venres 14 de xuño, o Bus DiversidArte achegarase ao Colexio de San Pedro de Visma para levar ao alumnado a súa alegría e mensaxe inclusivo coa actuación de Silvina Penide e a coñecida Banda Percusión DiversidArte, formada por músicos con diversidade funcional intelectual. A tarde continuará na Praza da Leña cunha actuación de freestyle a cargo de Galos do Norte e unha performance de danza acrobática por Volta e Media (Fundación Igualarche).

O sábado 15 de xuño, o Bus DiversidArte chegará á Praza do Humor para un concerto especial do trío de cordas Kreze, seguido dun espectáculo de música e danza africana por Danzalia-Mundi. A tarde culminará na Praza das Conchiñas cun monólogo musical de MEIGA-i e un espectáculo de cabaret con Edu Domínguez, Carolin Sanders e Nico Elsker, prometendo unha noite de humor e reflexión sobre a diversidade e as relacións humanas.

VII Concurso de Curtos Sociais DiversimaCine: Unha Xanela ao Mundo

O concurso DiversimaCine, na súa sétima edición, recoñecido internacionalmente, proxectará dentro do festival os mellores curtos documentais e de ficción social na Filmoteca de Galicia (CGAI) os días 12 e 13 de xuño ás 20:30. Con máis de 800 obras de case 80 países cada ano, o concurso ofrece unha plataforma para visibilizar importantes temas sociais, outorgando premios en metálico aos gañadores.

Compromiso coa Accesibilidade

O festival garante a accesibilidade a todos os eventos, ofrecendo acompañamentos (previa cita chamando ao 625 126 235), interpretación en lingua de signos, mochilas vibratorias para persoas xordas, lectura fácil para persoas con diversidade funcional intelectual, códigos QR para persoas cegas e espazos accesibles para persoas con mobilidade reducida.

A Asociación Poten100mos convida a todos e todas a unirse a esta experiencia positiva e enriquecedora que é o 9º DiversidArte Festival 2024.

Tras unha multitudinaria inauguración coa Flashmob pola Diversidade, comeza o 9º DiversidArte Festival dás Artes Inclusivas do 11 ao 15 de xuño