Peche acción poética nos Mallos

Coma xa vos contabamos os comerciantes e hosteleiros dos Mallos estamos a desenrolar actividades que poñan en contacto a veciñanza co seu tecido comercial de proximidade poñendo en valor o pequeno comercio de barrio.

Peche acción poética nos Mallos
LetrasMallos_04
As organizadoras da acción poética

Dende este xornal fai dous meses lanzamos a proposta de celebrar As Letras Galegas xuntos por medio dunha Acción Poética na que se vos propuxo que achegarades a organización das Letras dos Maios creacións poéticas inéditas e orixinais.

E así foi, un mes despois, tiñamos nas mans as vosas composicións que superando de longo as nosas expectativas, foron recopiladas con ilusión, coma un tesouro, xa que sen a vosa participación este evento non se podería levar cabo.

Todas elas foron expostas en moitos comercios da zona e publicadas nos meses seguintes neste xornal, as nosas rúas fixéronse eco da vosa creatividade, voceiras dos vosos valores, inquedanzas, sentimentos... Por todo elo os comerciantes quixemos mostrar o noso agradecemento cun evento na Librería Couceiro que nos puxera en contacto a tódolos participantes.

Tras unha pequena homenaxe a Manuel María na que María teresa nós leu un dos seus poemas, e as lecturas dos vosos poemas o presidente da Asociación fixo a entrega duns pequenos agasallos lembranzado evento. Os nosos parabéns a Chus, Teresa, Jennifer, Fuco, Inés e Pamela polas súas intervencións coas que nos fixeron disfrutar moito do momento.

Peche acción poética nos Mallos