Colectivo das Pedras Galladas

Concentración en Ledoño contra a construcción dunha gasolineira á beira do Valiñas

Este domingo 24 un grupo de veciños, xunto con membros do Colectivo das Pedras Galladas concentráronse na gasolineira en contrucción que se atopa á beira do río Valiñas, na parroquia de Ledoño.
Concentración en Ledoño contra a construcción dunha gasolineira á beira do Valiñas
Ledoño
Ledoño

Nesta concentración convocada a través das redes sociais, reclamouse a paralización das obras de construción desta estación de servizo que xa ten sido obxecto de críticas tanto por parte deste colectivo como doutras entidades sociais.

A polémica construcción desta gasolineira, a escasos 6 metros do cauce do río Valiñas, ven sendo denunciada por colectivos ecoloxistas como ADEGA e a SGHN, así como colectivos sociais como Centro Social Ledoñés, a Asociación de Veciños San Martiño de Sésamo e a Asociación Cultural e Veciñal de Orro. A paralización das obras e a retirada da licencia municipal, foi unha das demandas esixidas. Estas obras, incumplen o dictame da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que protexe as beiras do Valiñas nunha franxa de 100m. 

Estas obras xa foron denunciadas anteriormente pola presencia de verteduras nas súas inmediacións. A empresa promotora foi sancionada por Augas de Galicia por esas verteduras nas que foi detectada unha alta concentración de sólidos en suspensión (4300 mg/L), no tramo cercano do río. Os sólidos en suspensión con considerados sustancias contaminantes nos ambientes dulceacuícolas e poden causar graves perxuizos ao ecosistema. Ademáis, o feito de que a parcela na que se sitúan as obras esté calificada como solo rústico e que nas proximidades xa existan dúas gasolineiras, convírte esta infraestrutura en perigosa para o ambiente e inútil.

Este colectivo quere recordar que ten aberta unha campaña en Change.org para solicitarlle ao alcalde de Culleredo a paralización desta obra que xa conta con máis de 300 firmas recollidas.

Comentarios
Concentración en Ledoño contra a construcción dunha gasolineira á beira do Valiñas