Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Ecoloxistas en Acción celebra hoxe que o auga dos nosos grifos sexa por fin mais segura

Ecoloxistas en Acción destaca a contradición que supoñía ca normativa europea e a española sobre augas para o consumo humano permitira valores de HCH-Lindano ata 2.5 µg/litro superiores ós establecidos para augas superficiais. Insisten na necesidade de equiparar a lexislación de auga embotellada, aplicando os mesmos valores límite co auga do grifo, para correxir este paradoxo.

Ecoloxistas en Acción celebra hoxe que o auga dos nosos grifos sexa por fin mais segura

O pasado 10 de xaneiro fíxose público o Real Decreto 3/2023 de auga de consumo humano, o cal supón un cambio lexislativo que acada unha maior protección “no que respeta ó auga dos nosos grifos”. Ecoloxistas en Acción leva moito tempo loitando por conseguir un auga que garanta a saúde humana e festexa a entrada en vigor desta nova normativa á vez que felicita ó “Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfica e ó Ministerio de Sanidade por facelo posible”. Sen embargo, Eloy Pérez, portavoz da organización ecoloxista, pon nota negativa ó Ministerio de Consumo e lamenta que “non se fixera o mesmo con respecto o auga embotellada".

Ata a aprobación deste Real Decreto gobernaba unha clara “contradicción no tocante o auga para o consumo humano”. Débese a que os límites de restos de praguicidas permitidos no auga destinado o consumo humano eran superiores ós permitidos para asegurar a saúde dos ríos e das augas subterráneas. Esta contradicción evidenciase no caso do lindano, “que fora un insecticida e na actualidade un perigoso contaminante tóxico que perdura no solo e auga de varias zonas de España, incluída a parroquia de Torneiros no concello de O Porriño”.

Neste sentido, o recente aprobado Real Decreto 3/2023 da un paso máis aló da normativa europea e aposta pola protección da saúde humana, establece os límites para os praguicidas no auga de consumo, aquela que sae dos nosos grifos: “o xa coñecido 0,1 µg/litro para os praguicidas autorizados e o novo, e probablemente único na Unión Europea, de 0,03 µg/litro para os praguicidas non autorizados como é o caso do lindano”.

A aprobación desta normativa, para Ecoloxistas en Acción, é un buen “primeiro paso” mais queda traballo por facer. Pérez agarda “que o Ministerio de Consumo se poña a traballar o tema e corrixa este paradoxo e contradicción que se segue a manter na normativa de auga embotellada. Agora máis que nunca é moito máis segura o auga en xarra que en botella”. Do mesmo xeito, os ecoloxistas piden que a normativa se traslade a todas as comunidades autónomas e se “controle o seu cumprimento”.

Ecoloxistas en Acción celebra hoxe que o auga dos nosos grifos sexa por fin mais segura