Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Ecomarcha ciclista lembra na Torre de Hércules o desastre do Mar Exeo

A Ecomarcha ciclista organizada por Ecoloxistas en Acción, que recorre Galicia este días, concentrouse, este martes 19, diante da Torre de Hércules na Coruña, para rememorar a catástrofe do petroleiro Mar Exeo da que cúmprese, a finais deste ano, o trinta aniversario.

Ecomarcha ciclista lembra na Torre de Hércules o desastre do Mar Exeo
Praza María Pita
Praza María Pita

Denuncian que, sen unha reducción drástica da dependencia do petroleo, en calquer momento pode volver a repetirse unha catástrofe coma a que tinguiu de negro os ceos e mares de A Coruña. 

O día 3 de decembro de 1992 o temporal arreciaba duramente na Coruña, como fai a miudo no inverno. Ese día o petrolero “Mar Exeo” esperaba turno para entrar no porto, con destino á refinería propiedade de Repsol. Debido ao temporal o barco quedou sen radares nin visión algunha, perdeu o control, e antes de que ninguén poidera facer nada estaba atascado aos pés da nosa Torre de Hércules.

Partido pola mitade polo seu propio peso, ferido de morte, comezou a arder as 10 da mañá liberando ao aire casi 50.000 toneladas de petróleo nunha nube tóxica. O día tornou en noite cando o negro fume tapou o sol, e 300 familias do barrio de Adormideras tiveron que ser dexaloxadas dos seus fogares expostos aos gases tóxicos.

Do resto da carga, 15.000 toneladas de petróleo vertéronse ao mar e afectaron a tódala ría de Coruña, á ría de Ares, Betánzos, e Ferrol. 300 km de costa afectada que repercutiron directamente na economía pesqueira e mariñeira. Uns 26.000 animais foron atopados mortos. Ante a magnitude do desastre a veciñanza pedía que se declarase A Coruña zona catastrófica, e entre eles nacería a frase que daría voz ao pobo 10 anos mais tarde: NUNCA MÁIS! Un clamor que deu a volta ao mundo NUNCA MÁIS!.

Para Ecoloxistas en Acción compre recordar que esa non era a primeira vez que as nosas costas tinguironse de negro, e tristemente, tampouco foi a última. O Policommander, Urquiola, Andros Patria, Casón y Prestige son días negros na nosa historia. Actualmente, io 70% do transporte marítimo europeo pasa fronte as costas galegas, uns 40.000 barcos anuais, e 1 de cada 3 (38 ao día) transportan mercadorías perigosas.

A organización ecoloxista sinala que para evitar outra catástrofe se deben mellorar as medidas de seguridade nos portos galegos, os sistemas anticontaminación, os sistemas de predicción das mareas, a coordinación dos medios operativos permanentes, a vixilancia marítima e aumentar a cantidade e calidade das inspecións aos buques. Mais alertan de que todas estas medidas serán inutiles se non se reducimos a nosa excesiva dependencia do petróleo. Lembran que outro modelo enerxético é posible, pero que ademais a transición enerxética debe ir aparellada dun cambio de sistema económico se realmente queremos superar a crise climática.

Ecomarcha ciclista lembra na Torre de Hércules o desastre do Mar Exeo