vaga de lumes

"Lumes nunca máis!" hoxe ás 20h no Obelisco

Co obxecto de que o goberno da Xunta escoite unha soa voz que percorra o país ao berro de LUMES NUNCA MÁIS, a plataforma Por un monte galego con futuro, con máis de 50 colectivos, convócanos para manifestarmos a indignación e exixir medidas á Xunta ante a actual vaga de lumes.
"Lumes nunca máis!" hoxe ás 20h no Obelisco
21 xun Lumes nunca máis
21 xun Lumes nunca máis

A plataforma "Por un monte galego con futuro", integrada por numerosas asociacións e colectivos do país, convocan concentracións nas 7 cidades cidades galegas para hoxe, xoves 21, ás 20h (20:30 en Ourense). Na Coruña será ás 20h. no Obelisco.

Os actos amosarán o total apoio á veciñanza afectada e colectivos de profesionais que traballan na prevención e extinción dos lumes, así como o rexeitamento á política forestal suicida da Xunta.

En resposta a vaga de incendios que está a devastar as máis emblemáticas xoias ecolóxicas de Galiza, as entidades convocantes reclamarán a declaración de “zona catastrófica” (agora “zona afectada gravemente por unha emerxencia civil”) das áreas atinxidas polos lumes, así como accións inmediatas para evitar a erosión destes solos de extraordinaria importancia e procurar o antes posíbel a súa restauración, entre outras reivindicacións que se lerán nun manifesto conxunto.

"Lumes nunca máis!" hoxe ás 20h no Obelisco