Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Expertos internacionais deixan en evidencia as minas galegas nunha audición especial do Parlamento Europeo

A empresa Cobre San Rafael négase a facer pública información sobre o proxecto de drenaxe da Mina de Touro
Expertos internacionais deixan en evidencia as minas galegas nunha audición especial do Parlamento Europeo
Algo se esconde na mina de Touro
Algo se esconde na mina de Touro

Cobre San Rafael, S.L. presenta un recurso ante a Xunta de Galicia  e a Valedora do Pobo para impedir o acceso de Ecoloxistas en Acción ao expediente do proxecto.

No recurso presentado, a empresa acusa a Ecoloxistas en Acción de manipular e terxiversar informacións relativas á minería, así como de ter obxectivos espurios no desenvolvemento das súas accións en defensa do medio ambiente.

O pasado 17 de novembro, o CEO representante da empresa Cobre San Rafael, S.L. (CSR), presentou un recurso administrativo ante a Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, contra a súa Resolución de acceso de información ao Expediente relativo os expedientes de restauración medioambiental e ao proxecto de drenaxe temporal da Mina de Touro.

Na devandita resolución, a Consellería permitía o acceso a Ecoloxistas en Acción ao expediente correspondente ao proxecto de drenaxe temporal para a concesión de explotación “San Rafael” e oas plan de labores e restauración medioambiental da concesión en atención á aplicación da Lei 27/2006, de 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente.

Con esta actuación, a empresa pretende agochar información relevante sobre un proxecto de enorme calado, xa que implica unha autorización de vertidos de augas residuais mineiras nos cauces pluviais da zona e supón ademais unha modificación substancial do proxecto definitivo de abandono e clausura da instalación e do plan de restauración.

Desde Ecoloxistas en Acción lembran que esta instalación figura no “Inventario de instalaciones de residuos de industrias extractivas cerradas y abandonadas en España que tienen un impacto medioambiental grave o que pueden convertirse a medio o corto plazo en una amenaza grave para la salud de las personas o para el medio ambiente” do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (ver inventario).

Acusacións sen fundamento contra Ecoloxistas en Acción e a Xunta de Galicia

No recurso presentado, CSR abunda en insultos e descualificacións contra Ecoloxistas en Acción, polo lexítimo labor que desempeña en defensa do medio ambiente e a saúde dos galegos e das galegas.

Concretamente, no recurso, CSR acusa á organización ecoloxista de utilizar “el cauce legal de las solicitudes de acceso para obtener información sensible con la expresa y espuria intención de filtrarla y entregarla a terceras entidades que vienen haciendo un uso indebido, por manipulación intencionadamente tergiversada e infundada de su contenido, redundando en perjuicio y descrédito público” da mineira.

Igualmente, achaca á entidade de “espurias intenciones” que “llegan al extremo de materializarse a través de la interposición de denuncias penales sin fundamento objetivo alguno, con patente, abusiva y temeraria utilización de los cauces procesales, pretendiendo abrir indefinida y concatenadamente, en muchos casos, lo que se suele denominar “causas penales generales” contra determinadas empresas y proyectos mineros, afectando incluso a profesionales como Directores Facultativos y otros ingenieros y a funcionarios y cargos públicos”.

A empresa chega ao extremo de ridiculizar e poñer mesmo en duda o traballo dos empregados públicos da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, acusándoa de aplicar “justicia salomónica” ao dar acceso ao expediente referido, cometendo así “una flagrante desviación de competencia, e infringe, como destacamos en el encabezamiento de esta alegación, los principios de rogación y congruencia, al concederse el acceso ultra petita.”  e deixarse influenciar polas informacións mediáticas.

Algo se Esconde

Co obxectivo de denunciar a falta de transparencia da Xunta de Galicia na autorización de proxectos mineiros altamente contaminantes por todo o país, Ecoloxistas en Acción comezou a campaña “Algo se Esconde”. Só nos últimos anos, a Xunta aprobou proxectos para minas que non foron sometidas a avaliación ambiental, negou a personación no proceso de autorización tanto a organizacións ecoloxistas como a veciños e agochou información fundamental sobre os expedientes, que debería ser pública.

Expertos internacionais deixan en evidencia as minas galegas nunha audición especial do Parlamento Europeo