Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Iniciativa Cidadá Europea por unha moratoria ao 5G

Con este lema, Ecoloxistas en Acción e máis de 50 organizacións de persoas afectadas por enfermidades crónicas ambientais e/ou de afectación ao sistema nervioso central e inmunolóxico, apoian o lanzamento dunha recolleita de sinaturas para esta ICE.

Iniciativa Cidadá Europea por unha moratoria ao 5G
Stop 5G
Stop 5G
  • Esta ICE recolle as propostas da petición de Moratoria do 5G (e o internet das cousas) presentada a nivel estatal por case mil organizacións, incluídas organizacións ecoloxistas galegas coma ADEGA, Luita Verde e Comando Ghichas, o Sindicato Labrego Galego ou a Rede para o Decrecemento.
  • Cuestionan o proceso de aceleración da dixitalización sen fíos de todos os aspectos da sociedade que supón o despregue do 5G e o internet das cousas, que, presentada como unha panacea “verde e dixital”, consideran que profundará unha crise sanitaria e ecosocial.

A CONFESQ (Coalición Nacional de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica, Sensibilidade Química Múltiple e Electrohipersensibilidade), Electro e Químicos Sensibles polo Dereito á Saúde (EQSDS), e Ecoloxistas en Acción súmanse á cidadanía europea impulsora do lanzamento dunha Iniciativa Cidadá Europea (ICE) o mes de marzo, co título «Stop 5G, se te conectas, protéxete!», para recoller sinaturas en SignStop5G.eu. O requisito oficial na UE para iniciar este proceso político adicional é recoller 1 millón de firmas en 1 ano.

Esta ICE atende a problemáticas relacionadas co 5G e o Internet das Cousas: implicacións na saúde, o medio ambiente e o clima, así como o control social e a perdida de liberdades.

Sobre a saúde, estas organizacións, conscientes dos consensos e disensos no ámbito científico, apelan ao principio DE PRECAUCIÓN en liña co recente estudo do Comité de Avaliación de Opcións Científicas e Tecnolóxicas (STOA) do Parlamento Europeo. En dita investigación solicítase ás e os representantes europarlamentarios, unha moratoria do despregue do 5G por motivos de saúde. Devandito estudo encargado por este órgano oficial do Parlamento Europeo responsable da avaliación tecnolóxica, considera “o despregue xeneralizado do 5G” como “un experimento masivo que pode ter impactos adversos na saúde pública”.

Esta revisión bibliográfica actualizada das radiofrecuencias coñecidas (anteriores ao 5G) e os seus efectos no ámbito do cancro e a reprodución, conclúe que xa hai probas dos mesmos (“sufficient evidence” e “limited evidence”), á vez que non considera protectores os criterios de referencia da Comisión Internacional de Protección de Radiación non Ionizante (ICNIRP).

Ecoloxistas en Acción lembra que o ICNIRP e grupos como o Comité Científico Asesor de Radiofrecuencias do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación, xa foron cuestionados polos seus conflitos de interese en ámbitos científicos, sociais e do Parlamento Europeo.

As organizacións impulsoras desta ICE, apoian as peticións á UE de devandito estudo STOA dunha moratoria do despregue do 5G e de reducir a exposición ás radiofrecuencias. Para iso, o panel científico responsábel do estudio propón medidas tales como a modificación da tecnoloxía móbil, redución dos límites de exposición, educación á poboación, fomento da conexión por cable de fibra óptica o a protección das persoas máis vulnerábeis con zonas «LIBRES de radiofrecuencias” (como as zonas “Libres do fume do tabaco”), …

Igualmente fanse eco das peticións de moratoria do 5G manifestadas en máis de 30 Estados por, polo menos, algún organismo público e consultivo de saúde ou medioambiental, ou por algún colexio médico, asociación de medicina ambiental, comité científico de radioprotección ou institución de investigación do cancro, ademais dos chamamentos científicos internacionais.

Sobre o medio ambiente, os organizadores desta ICE expoñen as alertas científicas do 5G como “un devorador de enerxía” onde, lonxe de ser unha solución ao cambio climático, a pegada ecolóxica dixital alcanzará o seu punto álxido co 5G e o seu Internet das Cousas a nivel enerxético, climático e de expansión da nociva e contaminante minería para alimentar os millóns de teléfonos e dispositivos interconectados, así como as súas antenas, centros de datos e satélites.

Se o “Alto Consello polo Clima” francés, no seu informe ao Senado, alertou do consumo enerxético e impacto climático do 5G (e o seu internet das cousas), a “Comisión Iberoamericana de Protección Radiolóxica de Campos Electromagnéticos” (CIPRACEM) a súa Guía de novembro de 2021, alerta do “forte impacto das comunicacións sen fíos no cambio climático”, baseándose en informes de organismos como o Instituto Nacional de Ciencias e Políticas Públicas dos Estados Unidos (NISLAPP), a Axencia Federal do Medio Ambiente de Alemaña (UBA) e o Centro de Investigacións de Eficiencia Enerxética en Telecomunicacións de Australia (CEET).

Segundo a CIPRACEM “a comunicación sen fíos representa un tremendo malgaste de enerxía con relación á comunicación por cable dado que consome 10 veces máis, o que necesariamente obriga a queimar combustíbeis fósiles e producir un volume crecente de gases de efecto invernadoiro (GEI) e o conseguinte aumento da temperatura do planeta e o risco de desastres ambientais”. A CIPRACEM aconsella ás autoridades apostar por redes de fibra óptica e cobre, “moi superiores ás redes sen fíos, en Velocidade, Seguridade e Costo” para evitar un dano que se está producindo “ao planeta e á xente sen obter beneficios a cambio”.

Sobre a privacidade e o control social

As organizacións impulsoras da ICE, recoñecen no 5G e o “internet das cousas” a nova “febre do ouro” do “Big data”, miles de billóns de datos que permiten crear perfís dixitais completos de cada persoa, ao longo de toda a súa vida. “A nosa información persoal véndese, comparte ou rouba con fins de publicidade, influencia, seguimento ou control”.

Nesta liña, Ecoloxistas en Acción se solidariza co chamamento de académicas e académicos de todo o Estado a favor dunha MORATORIA sobre o uso do recoñecemento facial (que se desenvolverá de forma exponencial co 5G e a intelixencia artificial), por considerar que afecta non só ao ámbito da privacidade senón fundamentalmente ao da xustiza social.

O obxectivo desta ICE é impulsar as medidas lexislativas europeas necesarias que defendan a saúde, o medio ambiente e a privacidade ante o proceso desenfreado da dixitalización sen fíos impulsada pola aposta do 5G e o internet das cousas, impostos, entre outros, nos plans de estímulo europeos Next Generation EU.

Xulio Carmona, portavoz de Ecoloxistas en Acción, declarou: “As organizacións que apoiamos esta ICE apostamos por unha transición a modelos enerxéticos e climáticamente sostíbeis baseados na sobriedade e nas tecnoloxías biocompatíbeis coa defensa da saúde dos seres vivos e o planeta.

Iniciativa Cidadá Europea por unha moratoria ao 5G