Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Rexeitan as tallas indiscriminadas de árbores da Universidade de Santiago

Ecoloxistas en Acción alerta da posible talla indiscriminada do arboredo situado na fachada Sur da Residencia Burgo das Nacións pertencente á Universidade de Santiago de Compostela.
Rexeitan as tallas indiscriminadas de árbores da Universidade de Santiago

A organización ecoloxista reclama á USC un modelo de xestión do arboredo baseado no coñecemento científico e non en creencias culturais ou caprichos de autoridades.

Nos últimos anos, debido á situación de emerxencia climática, Ecoloxistas en Acción incrementou o esforzo para lograr que o arboredo das nosas rúas e prazas se xestione a favor do interese xeral, tratando de sensibilizar á cidadanía sobre o valor duna xestión adecuada do arboredo urbano por medio de campañas de concienciación.

Desde a organización ecoloxista resaltan que o enfoque da xardinería urbana debe adaptarse ás condicións propias da cidade, co fin de lograr que se cumplan as funcións ecosistémicas máis importantes do arboredo urbano. Principalmente a mitigación dos efectos do cambio climático, pero tamén o sombreado, xa que as copas das árbores interceptan a radiación solar evitando o quencemento dos edificios, asfalto e pavimentos.

Outras importantes funcións son a evapotranspiración de grandes volúmenes de auga pola transpiración das follas, polo que as árbores se comportan como grandes “refrixeradores evaporativos”. A redución da infiltración do vento seco e caluroso do verán cara o interior dos núcleos urbáns, evitando así o seu quecemento. E mesmo a redución da temperatura e o aforro en climatización pola gran capacidade do arboredo para a redución das altas temperaturas das cidades.

Ecoloxistas en Acción alerta que a posible intervención no arboredo situado na fachada Sur da Residencia Burgo das Nacións, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, provocará precisamente os efectos non desexados dun aumento da temperatura no interior do edificio, o que conlevaría un aumento no gasto enerxético en climatización e tamén en sistemas de protección contra a insolación, xa que a superficie da fachada está ocupada por grandes ventanais.

A organización ecoloxista quere evitar que, incluso unha institución como a USC na que a investigación e a divulgación do coñecemento son a súa columna vertebral, cometan erros de xestión do arboredo que contradigan non só o que predican os seus académicos máis expertos na materia, senón o Plan de Aforro Enerxético que pretende levar a cabo a propia institución.

Subliñan que por desgraza nin a universidade compostelá escapa deste modelo de xestión trasnoitado e pseudocientífico que se aplica nas zonas verdes urbanas, sendo o arboredo a parte máis afectada. Así, indican, as podas severas, as tallas indiscriminadas ou a mala praxe diaria que se realiza ano tras ano no campus  fan cada vez máis notorio o deterioro da súa masa arbórea. Denuncian que a este paso, de non cambiar esta política medioambiental, as árbores do campus só servirán para que algúns enchan as súas leñeiras.

A pesar das dificultades, Ecoloxistas en Acción anuncia que seguirá promovendo un modelo de xestión do arborado baseado no coñecemento científico e non en creencias culturais ou caprichos das autoridades de turno.

Rexeitan as tallas indiscriminadas de árbores da Universidade de Santiago