Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Unha ducia de colectivos enfréndanse á mineira de Touro como condemandadas polo proxecto que chumbou a Xunta

Seis confrarías da ría de Arousa xunto con Ecoloxistas en Acción, a Federación Ecoloxistas Galega, Montescola e Tralapena comparecen no contencioso interposto por Cobre San Rafael no Tribunal Superior de Xustiza Galicia

Unha ducia de colectivos enfréndanse á mineira de Touro como condemandadas polo proxecto que chumbou a Xunta
Impacto ambiental da mina de Touro
Impacto ambiental da mina de Touro

A mineira de Touro non acepta a Declaración de Impacto Ambiental negativa e pretende reactivar o proxecto que tumbou a propia Xunta

Cobre San Rafael, a empresa pantalla de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas que pretende reactivar a mina de Touro, ven de interpor unha demanda contra a resolución da Xunta que tumbaba o proxecto mineiro que presentara en 2017 e que conta cunha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) negativa. Deste xeito, pretende manter forzar pola vía xudicial un proxecto que a propia Xunta considerou ambiental inviable polas súas deficiencias e impactos potenciais no sistema fluvial do río Ulla e ría de Arousa.

A empresa mineira enfréntase no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non só a Xunta, máis a unha ducia de organizacións entre as que están as Cofradías de pescadores de Virxe do Carmen de Rianxo, a da Pastoriza de Vilanova de Arousa, a de San Antonio de Cambados, a de Pobra do Caramiñal, San Martiño do Grove e San Xulián da Illa de Arousa así como a Federación Ecoloxista Galega, a Federación Ecoloxistas en Acción Galiza, a Confederación Ecologistas en Acción, a Fundación Montecola e a Asociación Tralapena.

Os colectivos lamentan a insistencia da mineira por sacar adiante un proxecto que xa recibiu unha Declaración de Impacto Ambiental negativa en febreiro de 2020, ao non acreditar a ausencia de afeccións significativas sobre o ciclo hídrico e sobre as masas de auga afectadas, nin acreditar a integridade da ZEC “Sistema fluvial Ulla-Deza”. Destacan ademais o dobre-xogo da empresa, que por unha parte vende nos medios de comunicación e nas redes sociais un suposto novo proxecto mineiro (que non foi presentado en ningures), mentres que en realidade busca resucitar o proxecto xa chumbado.

A ducia de colectivos codemandados anuncian que movilizarán todos os recursos legais ao seu dispor para garantir o “non” definitivo ao proxecto, e non descartan levar a movilización de novo ás rúas no caso de que a mineira se atreva a presentar un novo proxecto. Denuncian ademais o xogo suxo e presións constantes da mineira, que desde a denegación do proxecto ven tentando comprar a vontade dos colectivos opositores a través de patrocinios e desinformación sobre a realidade dunha mina que continúa contaminando as 24 horas do día.

Unha ducia de colectivos enfréndanse á mineira de Touro como condemandadas polo proxecto que chumbou a Xunta