Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Tallan os cedros do Burgo das Nacións cando a USC negara a súa intención de facelo

A talla indiscriminada realizouse a pesar de que a USC asegurara á Ecoloxistas en Acción que só se trataba dunha poda selectiva para sanear o arboredo. 

Tallan os cedros do Burgo das Nacións cando a USC negara a súa intención de facelo
photo_2023-01-07_14-41-08
Tallado de cedros na USC

Santiago de Compostela, 9 de enero de 2023.- Hai unha semana Ecoloxistas alertou da intención da USC de cortar os cedros que estaban na faciana sur da residencia de estudiantes o Burgo das Nacións. A organización ecoloxista solicitou á Universidade que non realizara unha actuación tan agresiva eliminando estes espécimes. 

Segundo Ecoloxistas en Acción, a USC respondeulles que non tiñan intención de tallar os cedros, que só era "unha labor de mantemento  para desmestalos, sanealos e favorecer o seu correcto crecemento" e que os traballos "lonxe de pretender eliminar as árbores, buscan a súa mellor conservación". A propia  reitoría facía gala no seu escrito de concienciación ambiental anunciando que "o valor natural como vexetal será respectado e potenciado".

Ecoloxistas en Acción denuncia que, lonxe do anunciado pola Universidade de Compostela e do seu suposto respecto á natureza, finalmente se realizou unha actuación moi agresiva co tallado de moitos dos cedros do xardín da residencia estudantil e coa poda salvaxe, mediante desmochado, dos poucos exemplares que quedaron en  pé. 

Á organización ecoloxista reclama á USC que se dote dun modelo de xestión do arboredo baseado no coñecemento científico e non en  crenzas pseudocientíficas ou caprichos de autoridades. A corta indiscriminada do arboredo da fachada da residencia Burgo das Nacións provocará precisamente os efectos non desexados dun aumento da temperatura no interior do edificio, o que  conlevará un aumento no gasto enerxético en climatización e tamén en sistemas de protección contra a insolación, xa que a superficie da fachada está ocupada por grandes cristaleiras.

Nos últimos anos, debido á situación de emerxencia climática, Ecoloxistas en Acción incrementou o esforzo para lograr que o arboredo das nosas rúas e prazas se xestione a favor do interese xeral, tratando de sensibilizar á cidadanía sobre o valor  dunha xestión adecuada do arboredo urbano por medio de campañas de concienciación.

 

Desde a organización ecoloxista resaltan que o enfoque da xardinería urbana debe adaptarse ás condicións propias da cidade, co fin de lograr que se  cumpran as funcións ecosistémicas máis importantes do arboredo urbano, principalmente a mitigación dos efectos do cambio climático, pero tamén o sombreado, xa que as copas das árbores interceptan a radiación solar evitando o  quecemento dos edificios, asfalto e pavimentos.

 

O arboredo urbano ten outras importantes funcións. Por unha parte a evapotranspiración de grandes volumes de auga pola transpiración das follas,  fai que as árbores se  comporten como grandes “refrixeradores evaporativos”.  Por outra parte a redución da infiltración do vento seco e  caloroso do verán cara o interior dos núcleos  urbanos,  evita o seu quecemento,  conseguindo coa diminución da temperatura un importante aforro en climatización. 

Comentarios
Tallan os cedros do Burgo das Nacións cando a USC negara a súa intención de facelo