UCIN | nota de prensa

UCIN Boiro: Altri non é compatible coa supervivencia da ría de Arousa e do Barbanza

Manifestamos dende UCIN Boiro o noso desacordo manifesto co  proxecto de Altri en Palas de Rei e relatamos un resumen dalgúns  dos nosos motivos para amosar a nosa posición en contra desta  industria e a súa inminente implantación unha vez remate o  procedemento de alegacións. 

UCIN Boiro: Altri non é compatible coa supervivencia da ría de Arousa e do Barbanza

No Artigo 45.2 da Constitución Española di: “Os poderes públicos velarán pola  utilización racional de todos os recursos naturais, co fin de protexer e mellorar a  calidade de vida e defender e restaurar o medio ambiente, apoiándose na  indispensable solidariedade colectiva”. Este artigo, entre outros, deixa fóra da  constitucionalidade un proxecto deste calado nunha zona rodeada de zonas protexidas dende as beiras do río Ulla ata o Parque Nacional das Illas Atlánticas, un  tesouro natural galego cúspide e claro emblema da nosa aposta colectiva  autonómica co tesouro ecolóxico galego. 

A publicación sobre como a Rede Natura 2000 e os seus hábitats presentes nesta  zoa non son compatibles co proxecto de Altri en Palas de rei. [“La zona donde se  pretende instalar la fábrica podría afectar a 4 especies protegidas: Santolina  melidensis, Armeria merinoi, Leucanthemum gallaecicum y Centaurea gallaecica, 

todas ellas ya catalogadas en el DECRETO 88/2007, que se regula en el Catálogo  gallego de especies amenazadas. Son 3 las que figuran como “En peligro de  extinción“ y solo una como especie Vulnerable” ] 

O Plan hidrolóxico vixente para a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, conta  cun programa de medidas e unha normativa coas que se pretende conseguir unha  xestión integrada e a protección a longo prazo dos recursos hídricos, a prevención  e deterioro do estado das augas, a protección e mellora do medio ambiente e dos  ecosistemas acuáticos, a redución da contaminación e prevención dos efectos de  inundacións e secas. Tanto esas secas como esa prevención do estado da auga son  fundamentais para que a Xunta de Galicia paralice todo proxecto contaminante que  afecte a conca do Ulla como a ría de Arousa para exercer as súas función públicas  respectando as leis e as súas responsabilidades públicas. 

O Ulla foi un río cristalino é tivo as súas augas incoloras, inodoras e insípidas, feito  directo que propiciou que a ría de Arousa fose referente marisqueiro de Galicia e de  España. 

O Ulla foi un río limpo, cristalino e vivo ata finais do século XIX, cando era famoso  polos salmóns que remontaban o seu curso e subían polo resto da rede fluvial,  espallando o mexillón de río, Margaritifera margaritifera, especie en perigo de  extinción protexida, un auténtico fósil vivente ademais de ser un bio-indicador da  súa riqueza e saúde do río. Nalgunhas publicacións antigas o Ulla foi denominado  como o "o río dos 800.000 salmóns" e a situación no 2024 semella grave polas  publicacións dos especialistas en ecoloxía en 2024. 

O río Ulla xa ten proxectos contaminantes afectando a ría de Arousa, o río Ulla e a  vida dos veciños e veciñas de Noia, do Barbanza e dos Concellos da contorna da ría  de Arousa e na contorna da inmensa conca do Ulla. 

1/ As canteiras de serpentina de Melide e os vertidos do polígono industrial. 2/ A construción do enorme encoro de “Portodemouros”. 

3/ As minas de Touro e os vertidos urbano-industriais que se depositan na zona  mineira abandonada. 

4/ A minería de “Fontao-Saidres”, que realizou vertidos ao Deza, afectando tamén. 

5/ A EDAR de Lalín, xa obsoleta, construída para depurar o inseparable (unha  mestura de augas pluviais e residuais) 

6/ A EDAR do Polígono Industrial de Botos que tragou todo tipo de vertidos.  7/ A EDAR da “Silvouta”, Santiago, insuficiente para realizar as súas funcións.

E agora queren implantar o número 8, Altri, para rematar coa vida do Ulla e da nosa  ría de Arousa. 

UCIN Boiro non quere fume e vertidos tóxicos no encoro de Portodemouros. E  entendemos que ALTRI representa o último estoque dun río emblemático de  Galicia, o que desemboca na nosa ría de Arousa, a mellor ría do mundo !!!!! 

E por todo o xa exposto neste resumo solicitamos a paralización inmediata deste  proxecto industrial que dana os intereses colectivos dunha parte importante de  Galicia da que nos entendemos parte afectada, en representación política, dos  intereses dos nosos veciños e veciñas. 

Martes 2 de Abril de 2024 

UCIN Boiro

UCIN Boiro: Altri non é compatible coa supervivencia da ría de Arousa e do Barbanza